novohorarioimaxen

Zocamiñoca amplia o seu horario de apertura, así que a partir de agora o noso horario para a recollida de pedido será:

  • Mércores  de 18:30 a 21h
  • Xoves de 12h a 15h e de 16h a 21h

zoquelarreAbril2019

O sábado 27 de abril teremos cita cun novo Zoquelarre!  no noso local da cooperativa. ! Pasámosvos a orde do día, ide facendo oco nas axendas:

 

  1. Presentación e benvida! 15 min. Facilitación (10:45-11:00)
  2. Necesidades comunicación externa cooperativa e posta en marcha grupo de traballo (11:00-11:30)
    • Punto de debate. 30 min. Presenta Julio.
  3. Seguimento situación económica e pistas para a política comercial da cooperativa (11:30-12:00)
    • Punto de debate. 30 min. Presenta Helena Martínez.
  4. Presentación bolseiras e traballos respectivos.(12:00-12:15)
    • Punto informativo.15 min. Presentan cada unha das bolseiras (Ana, María e ...)
  5. PAUSA CAFÉ (12:15-12:30)
  6. Extensión horario apertura local Zocamiñoca os xoves (12:30-12:45)
    • Punto informativo. 15 min. Presenta Margarida
  7. Funcionamento taboleiro microtarefas.(12.45-13:00)
    • Punto informativo. 15 min. Presenta Estefanía.
  8. Inicio funcionamento grupo de acollida(13:00-13:15)
    • Punto informativo. 15 min. Presenta Pancho
  9. Inicio funcionamento grupo apoio Montealto. (13:15-13:30)
    • Punto informativo. 5 min. Presenta Marcial/zocamiñoqueira do 15002 alternativa.
  10. Aviso temas vindeiro Zoquelarre: reactivación coordinadora e festa 10 anos en setembro.

 

Rede Galega de consumo responsábel