Café con Fiare

O proximo venres 13 ás 19:30 as tradicionais ZOCABIRRAS transformánse nun Café con Fiare no que o grupo local da Coruña de Fiare Banca Ética explicaránnos que é un banco ético e que é o proxecto Fiare.

Será unha charla relaxadiña no Cafe Universal (rúa San Andrés, 1)

Estades invitadas todas as socias e amigas de Zocamiñoca (e todas as curiosas que queirades)

Asamblea

O próximo Sábado 2 de Febreiro no Centro Cívico de Montealto terá lugar a primeira Asemblea do 2013 para tratar dous temas fundamentais na nosa cooperativa neste momento: o local e a participación.

Comezará con actividades de Troco e para crianzas ás 16h30 e a propia asemblea dará inicio ás 17h15.


 PROGRAMA ASEMBLEA

16h30: Organización dos Trocos (crianzas e adultas) e actividades de crianzas.

17h15 : Asemblea (primeira convocatoria)

Rexistro asistentes asemblea

17h30 : Asemblea (segunda convocatoria)

Presentación e dinámica quebra-xeos

17h45 : Local de Zocamiñoca

    • Propostas elaboradas polo gdt Local

    • Debate

    • Toma de decisión sobre o local

18h45 : Descanso

19h00 : A participación en Zocamiñoca

    • Breve historia de Zoca (bases iniciais)

    • Avaliación da comisión de participación

      • Situación actual (Mapa de participación)

      • Disolución comisión

    • Propostas

      • cara onde queremos ir?

      • Cómo o podemos conseguir?

20h00 : Fin Asemblea

Leitura acordos

20h15 : Actividade Troco adultas

20h45 : Feche actividade troco

21h00 : Feche centro cívico / Encontro no Café da Guiné para tomar petiscos e unha cevexiña.

As socias de Zocamiñoca temos compartido durante as pasadas vacacións de inverno a limpeza xeral do local e o traballo do inventario anual da cooperativa. Foi moi importante a colaboración voluntaria das socias para podermos realizar estes traballos de mantemento que nos fan dar mais un paso nesta transformación social e colectiva na que todas nos embarcamos. Aqui algunhas fotos do último día pola tarde de limpeza xeral.

 IMGP0710 - Share on OviIMGP0709 - Share on Ovi

  IMGP0714 - Share on OviIMGP0706 - Share on Ovi

 IMGP0720 - Share on Ovi

Moitas grazas a todas e Feliz Ano 2012! 

    

Rede Galega de consumo responsábel