ROTEIRO GUIADO POR PANCHO, para amig@s, soci@s de Zocamiñoca, Troco-Coruña, e quen queira acompañarnos.

DESTINO: SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS – ARMEA (concello de Allariz) que é un expecional Lugar Arqueolóxico-Histórico-Antropolóxico e contornas de Allariz.

DATA:  12 DE MAIO DE 2012

¡ATENCIÓN, ATENCIÓN! Se recibes este aviso, é que acabas de ser o gañador dunha nova invitación de Pancho a unha magnífica e estupenda xeira-roteiro-excursión. É unha invitación persoal, pero totalmente transferible a calquera coñecido, amiga, amante ou compañeira que queirades levar.

Esta nova xeira se fará o próximo DOMINGO, 12 DE MAIO, con destino ó lugar arqueolóxico – antropolóxico de SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS – ARMEA (nas Terras de Allariz). Como doutras veces, o roteiro se fará SI ou SI independentemente das condicións do clima.

HORA DE SAIDA: Ás 8,30 da mañán, pois o camiño é longo.

PUNTOS DE PARTIDA: DENDE CORUÑA: Nos Castros, diante do estudio de pintura de Polo (enfrente da parada de buses dos Castros ). O lugar de reunión será alí, diante da cafetería “Europa”, onde tamén hai un GADIS, e da Igrexa do Carmen (que é unha igrexa nun baixo). Aquí: Estudio de pintura de Polo.
 
HAI POSIBILIDADE DE ALUGAR UN BUS, SE VOS PARECE INTERESANTE, PERO PARA ESO É PRECISO CONFIRMACIÓN CON ANTERIORIDADE. SERÍAN UNS 15 € POR CABEZA SE O ENCHEMOS. E os que non queiran bus poden ir en coches particulares. 

CONDICIONS: Iremos en coches particulares, que compartiremos, así como os seus gastos. O ideal sería irmos 4 ou 5 en cada un.      O xantar será a base de bocatas nalgún lugar da ruta, seguramente nalgún parque da vila de Melide a carón do río Arnoia.                 Mellor levalos xa feitos. IMPRESCINDIBLE LEVAR  LANTERNA. Atoparemos lugares con lama. Levade calzado axeitado.

ROTEIRO:

Empezaremos cunha parada técnica no bar-restaurante “LIMIA”, na N-525, á saida da autopista (saída 211 da Autopista A-52, a “Allariz-Taboadela”.  ESE SERÁ O PUNTO DE REUNIÓN NO DESTINO. Aquí: Bar-Restaurante Limia

Dende alí visitaremos:

  • A viliña de Santa Mariña de Augas Santas, onde visitaremos a igrexa románica. De alí baixaremos polo fermosísimo camiño dos romeiros deica a aldea de Armea, onde coñeceremos a igrexa románica inacabada ca súa misteriosa cripta (aquí é onde usaremos as lanternas), o castro, o santuario castrexo, a vía romana, e faremos algún xogo na aldea, onde contaremos lendas todavía vivas. ¡IDES QUEDAR ABRAIADOS CO BONITO QUE É TODO ESTO!!
  • O xantar farémolo na mesma Santa Mariña, ou mellor nalgún parque de Allariz. Se chovera, alí hai un monton de bares e restaurantes de moitos tipos e precios.
  • E logo á tarde subiremos un momento á igrexa mozárabe de San Martiño de Pazó.
  • E remataremos na aldea de San Salvador dos Penedos, onde faremos un pequeno roteiro duns 5 quilómetros deica os restos dun antigo castelo con tumbas antropomorfas. Nesta aldea está a asociación ANDREA: http://andreaasociacion.org/  que se queredes podemos visitar.
Visita completa e estimulante para un domingo de primavera. ¿A que esperas para anotarte?.

POR FAVOR TENTADE CONFIRMAR ASISTENCIA, SOBRE TODO POLO TEMA DO AUTOCAR.
Por se acaso, o meu teléfono é:  Pancho: 652,070,81, e o meu correo é: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este xoves 27 de setembro, ás 16h no local de Zocamiñoca (rúa Castrillón, 9 baixo esquerda), Carlos Céspedes, representante de IDEAS, estará na cooperativa para falarnos da súa organización, os seus produtos, o comercio xusto e todo o que lle queiramos preguntar.

Carlos Céspedes (IDEAS)Esta é unha actividade interna da cooperativa, pero aberta a calquera outra persoa interesada en coñecer o proxecto, e de paso visitar o local de Zocamiñoca ;) É unha moi boa oportunidade para coñecer directamente o traballo dunha organización coa que traballamos en Zocamiñoca. Actualmente temos varios produtos que conseguimos a través de IDEAS, como son a cebada soluble, chocolates e barriñas de sésamo e chocolate, quinoa, panela, guaranito, tererito, ...

Aquí vai unha explicación do que son, sacado directamente da súa web:

IDEAS (Iniciativas de Economía Alternativa y Solidaria), É unha Organización de Comercio Xusto cuxa misión é transformar o entorno económico e social para construír un mundo máis xusto e sostible, desenrolando iniciativas de Comercio Xusto, Economía Solidaria e Consumo Responsable, tanto no ámbito local como internacional. Todas as accións da organización fundaméntanse en principios de igualdade, participación e solidariedade.

IDEAS é unha Cooperativa sin ánimo de lucro, membro da WFTO (Organización Mundial de Comercio Xusto), membro fundador da CECJ (Coordinadora Estatal de Comercio Justo), socio fundador de REAS (Red de Redes de Economía Alternativa y Solidaria) e de Fiare Sur (Asociación de Banca Ética).

Para máis información, a súa páxina web é: http://www.ideas.coop

peio e fernando

Comezan as visitas ás hortas!!

O pasado domingo 17 un grupo de zocamiñoqueiros fixemos unha visita á Horta do Sacho en Santa Marta de Babío (Bergondo), cuxos produtores, Peio e Fernando, xa levan uns anos traéndonos os seus ricos produtos ecolóxicos. A xornada tivo chuvias intermitentes pola mañá, mais iso non impediu que deramos un paseo de vagar polos diferentes terreos onde puidemos coñecer de primeira man a diversidade de cultivos que traballan (coles, leitugas, repolos, cenouras, remolachas, cebolas, porros, tomates, xudías, tirabeques, brócoli, patacas, etc), ademais das diferentes plantas silvestres comestíbeis e medicinais.

visita á horta do sachoinvernadoiro a horta do sacho

Despois puxémonos a traballar e con produtos recollidos no momento fixemos un arroz con verduras que acompañamos con empanada e empanadillas, mentres os nosos gaiteiros demostraban a súa habelencia dándolle ao fol. A idea era facer algunha tarefa no campo pola tarde, mais a chuvia apretou un pouco e así non nos quedou máis remedio que disfrutar dunha longa sobremesa de risas, anécdotas, soños e algún que outro desvarío!!

Con esta visita pretendemos comezar unha xeira onde iremos facendo máis encontros coas nosas produtoras de fresco para así coñecer de primeira man as hortas, compartir experiencias, coñecer os cultivos e plantear dúbidas. En definitiva, consolidar aínda máis os lazos de confianza entre produtoras e consumidoras. Animádevos a vir á seguinte visita!

Podedes ver todas as fotos da visita aquí: Fotos da visita a "A horta do sacho"

Rede Galega de consumo responsábel