cartaz_obradoiroPan

O venres 17 de xullo no Centro Civico do Castrillón (praza Pablo Iglesias) Belén a nosa panadeira de Val de Barcia,  impartirá un obradoiro de elaboración de pan artesán con ingredientes ecolóxicos e masa nai para as 15 primeiras persoas tendo preferencia as socias de Zocamiñoca , en caso de prazas vacantes podense inscribir personas no-socias  interesadas.

O obradoiro é gratuíto aínda que poremos un bote para asumir entre todas os custes dos ingredientes.

Celebrarase de 16:00 a 20:30 moi pretiño do local da cooperativa: Localización do Centro Cívico Castrillón
Para inscribirvos tedes que mandar un correo a este enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co voso nome e núm. de teléfono.

 

Todas as que non podades acceder a este obradoiro, estase a preparar un segundo  para setembro.

 

gunter

Introducción á Agricultura Biodinámica: Taller teórico-práctico e participativo na Finca Ecolóxica de Millo e Landras (Vilasantar, A Coruña).

Días: 29 e 30 de novembro (sábado e domingo)

Charlas gratuítas:

  • Mércores 26 Novembro ás 19:30 - A Cova da Terra, Rúa Nóreas, 12 (Lugo)
  • Xoves 28 Novembro ás 19:30h - Casa museo Casares Quiroga, Rúa Panaderas, 12 (A Coruña).
  • Venres 30 Novembro ás 19:30 - Vilasantar, Local Social.

Programación:

Sábado, 29 novembro de 10:00h a 21:00

Introdución aos principios e metodoloxía da agricultura biodinámica e os seus beneficios.
Comparación con agricultura ecolóxica e convencional.
Creación dunha individualidade agrícola, o microclima e a célula viva.
A conversión dunha leira ao aval Demeter.
Observacións sensibles sobre o chan, a fertilidade, o compost, a saúde da leira e das plantas.
Introdución ás forzas cósmicas e terrestres e as súas relacións dinámicos a través dos 4 elementos arquetípicos.
Visita da horta ecolóxica de Millo e Landras.
Aplicación do preparado BD de boñiga de vaca.
Reflexións e mesas de diálogo.
Observacións astronómicas do movemento dos planetas e o zodiaco.

Domingo, 30 novembro de 10:00h a 14:00h

Introdución ás forzas cósmicas e terrestres e as súas relacións dinámicos a través dos 4 elementos arquetípicos. Entender as relacións dinámicas entre o chan, as plantas, animais, o ser humano e o cosmos.
Os ritmos dos planetas, os preparados biodinámicos e o seu emprego para crear un equilibrio entre as forzas cósmicas e terrestres, cultivos, fauna e flora silvestre.
Como podemos conseguir unha harmonía na horta?
A consideración dos ritmos diúrnos e anuais, da lúa, os planetas e o zodiaco na horta e froiteiras.
Resumo e mesas de diálogo. 

Ler máis...

Obradoiro Cociña R e C 17m11

Día: xoves 17 de marzo ás 20:00h
Lugar: Aula de Cociña de Porto Muíños (Praza Casares Quiroga, 5-6-7, Urb. A Barcala, Cambre)
Prezo: 5 euros
Inscrición: enviar un correo a zocaminhoca(arroba)gmail(punto)com co nome e apelidos e o asunto "Obradoiro de cociña", e ingresar a cantidade indicada na conta 3070-0044-55-6068693529  (Caixa Rural Galega), co concepto Obradoiro de cociña e facer constar nome e apelidos da persoa asistente.

Dende a Cooperativa de consumo consciente e responsable Zocamiñoca propoñemos un obradoiro no que, a través dunhas receitas saudables, vexetarianas, con produtos ecolóxicos, locais, de tempada e de comercio xusto, tentaremos amosar a nosa filosofía baseada nunha forma de consumir e de alimentarnos respetuosa coa nosa propia saúde e coa do medio ambiente, e que defende a xustiza social e a dignificación do rural.

Obxectivos:

  • Ter unha idea de menú saudable e responsable para un día completo: almorzo, comida e cea.
  • Coñecer e valorar diversos proxectos de produción responsable tanto no social como no ambiental
  • Valorar tamén o noso consumo como unha forma de cambiar e transformar a sociedade

Rede Galega de consumo responsábel