cartazreasIIIencontro

Por terceiro ano, REAS Galicia organiza un encontro para difundir a Economía Social e Solidaria (ESS) en Galicia.

O Encontro vaise realizar no edificio do mercado Quiroga Ballesteros de Lugo. Durante a mañá o encontro será no propio mercado, para o xantar nos soportais e rematará  a xornada no Centro Social Uxío Novoneyra (no primeiro andar do mesmo edificio).
 

PROGRAMA DO EVENTO

  • 11.00 - 12.15 - Enredadas. Debate sobre a interacción da Economía Alternativa e Solidaria con outros movementos transversais: feminismo, ecoloxismo, defensa do rural e ONG.
  • 12.15 - 12.30 - Pausa
  • 12.30 - 14.00 - REAScunchiño. Micropresentacións de 5 minutos de proxectos da economía social da provincia de Lugo.
  • 14.00 - 16.30 - Xantar. Podes traer algo para compartir ou mercar o catering que van preparar as compañeiras de Ecoxantar.
  • 16.30 - 18.00 - Debuxando espazos futuros. Obradoiro no que avanzaremos nas liñas proxectadas no debate da mañá.
  • 18.00 - 18.30 - Peche.


Durante a mañá (11 a 14 horas) haberá un pequeno mercado con postos de entidades da ESS galega. Tamén estará a dispor un espazo para crianzas.

Para facilitar a organización, agradecese a inscripción no seguinte formulario (a participación é gratuíta): https://es.surveymonkey.com/r/3NKKVHJ

cartazvindemover

Nova edición do VíndemoVer en Carnota. Feira de produtos de alimentación de proximidade e ecolóxica, mostra de artesanía e actividades deportivas e culturais.
Esta feira ten como obxetivo promover os recursos endóxenos a traves da diversificación e a promoción local.
 
Pincha aquí para consutar o PROGRAMA da feira

foodcoop

Proxección co-organizada polas cooperativas Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca, Panxea e MaOs Innovación Social e polo Pic Proxecto Integral Compostela do documentario Food Coop La Película. En plena crise económica, á sombra de Wall Street, a cooperativa de alimentación Food Coop, supermercado no que 16.000 persoas socias traballan 3 horas ao mes para teren dereito a comprar a mellor comida na cidade de Nova York ao prezo máis barato posíbel, está en auxe. E na Galiza, sería viábel algo semellante?

Axúdasnos a proxectalo en Compostela o 21 de abril ás 12h no NUMAX? Só tes que reservar a túa entrada por adiantado en:

https://screen.ly/evento/487/food-coop-numax/

Necesitamos un mínimo de compra de 39 entradas para que o evento se realice, o importe só se cobra se conseguimos o mínimo e se realiza a proxección.

"E se o grande tamén é fermoso?, E se montar supermercados cooperativos fose unha parte da solución?, Somos capaces de identificar as bondades dos supermercados e traducilas ás lóxicas e valores da economía solidaria?"

En breve anunciaranse proxeccións noutras cidades galegas: A Coruña, Ourense, Lugo... Ficade atentas/os!

Rede Galega de consumo responsábel