A Asociación Cultural teense “Os Ameios”, está a organizar as xornadas “Terra e Cultura Sustentable”, que se desenvolverán no Fogar do Santiso ao longo deste vindeiro outono.

cartel-terra-e-cultura - Share on Ovi

As xornadas celebraranse en 9 sábados consecutivos: 10, 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro e 5 de decembro. Serán no espazo do Fogar do Santiso, sito no lugar de Trasellas, parroquia de Luou do concello de Teo. Preséntanse como propostas de acción e visións por unha TERRA e CULTURA máis sustentables.

A sustentabilidade non ocorre por si soa, vén da elección consciente e ética das sociedades, dos grupos humanos, das persoas... de facer dela mesma o eixo principal das decisións que lles afectan. A sustentiblidade é coma un asento de tres patas, cada unha delas ten que ter a mesma consistencia, tamaño e forza para soportar o asento. Se algunha delas é máis grande ca outra, non haberá equilibrio e necesariamente terá que ser compensada pola rebaixa dalgunha das outras. Estas tres patas son as dimensións ECOLOXÍCA, SOCIAL e ECONÓMICA, e o asento pode ser a sociedade, a nosa rexión ou país, mesmo a nosa vida, a nosa casa ou a nosa empresa.

A Asociación Cultural Os Ameios, na procura dos seus obxectivos, está a propor a organización destas xornadas de reflexión e experiencias sobre a sustentabilidade, que contan coa colaboración e participación do restaurante o Fogar do Santiso e do Concello de Teo, así como dunha inxente cantidade de entidades e persoas; e invítanse á participación a todo o público en xeral.

O Fogar de Santiso leva máis de 13 anos sendo unha referencia na recuperación da cultura e da tradición do noso país. Milleiros de galeg@s de dentro e fora da Galiza, ademais dunha inxente cantidade de extranxeiros, levan sentindo nestes anos as lembranzas da cultura de aldea e vivindo en directo unha experiencia de degustación de produtos típicos e celebración da realidade cultural e histórica da Galiza e os seus sinais máis identificativos.

A proposta de realización destas xornadas, preséntase como unha oportunidade de valorizar diferentes espazos, procesos e relacións que se amosan no entorno do espazo do Fogar de Santiso. É esta unha ocasión de artellar estratexias efectivas de cambio e transición cara o futuro máis inmediato, establecidas en clave de inclusión de todas as persoas, grupos e colectivos; que podan ser quen de reflexionar de xeito consciente e colectivo, sen diferenciar a orixe, a clase social, a educación ou o nivel de conciencia.
Serán 9 xornadas temáticas sobre distintas dimensións da sustentabilidade: ECOLÓXICA, ECONÓMICA e SOCIAL. Ofreceranse charlas, mesas redondas, obradoiros, materiais formativos, exposicións, artesanía, música e actividades para nen@s, roteiros e visitas temáticas.
 

PROGRAMA XORNADAS: “Terra e Cultura Sustentable” 2009

1ª xornada: PermaCultura: Cultura Permanente – SUSTENTABILIDADE - 10 de outubro de 2009
2ª xornada: AGRICULTURA E GANDEIRÍA SUSTENTABLES I - 17 de outubro de 2009
3ª xornada: AGRICULTURA E GANDEIRÍA SUSTENTABLES II - 24 de outubro de 2009
4ª xornada: SILVICULTURA SUSTENTABLE - 31 de outubro de 2009
5ª xornada: AUGA E SUSTENTABILIDADE - 7 de novembro de 2009
6ª xornada: VIVENDA SUSTENTABLE - 14 de novembro de 2009
7ª xornada: RESIDUOS, RECICLAXE, RE-UTILIZACIÓN, R… - 21 de novembro de 2009
8ª xornada: ENERXÍA RENOVABLE E MOBILIDADE SUSTENTABLE - 28 de novembro de 2009
9ª xornada: ECONOMÍA SUSTENTABLE - 5 de decembro de 2009

Colaboran:

FOGAR DO SANTISO, CONCELLO DE TEO, A Casa da Quenlla, Alagua Eco-tecnoloxías, Amarante, Amigos da Terra, Anxelot Design, Asociación Aspamite, Asociación Fillos de Galicia, Asociación O Millo Corvo, Asociación Véspera de Nada, BiciTotal, Carlos Pujol, Coop 57 Galicia, Cooperativa Eirado, Entrepedras, Federación Ecoloxista Galega, Juan Bello, PermaCultura na Galiza, Reboreda S.L., Rede de Amigos do Fogar do Santiso, Talleres Constantino Amigo, Verdegaia, Viveiro O Pumariño, Xan Neira, Zamo Tamay.

As xornadas son de asistencia gratuita, as actividades son para todos os públicos.

En cada xornada se reservará un tempo ao xantar no Fogar do Santiso, que será por conta das persoas participantes.
As visitas, actividades lúdicas e roteiros son de participación libre e voluntaria.

No web: www.terraecultura.org, deseñado en formato blog, pódense descargar os distintos documentos das xornadas xunto co programa detallado, coa súa imaxe e deseño corporativos. Tamén progresivamente, engadirase a información específica de cada unha das xornadas e mesmo os comentarios das persoas participantes ou asistentes.

MÁIS INFORMACIÓN:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." mce_' + path + '\'' + prefix + ':' + addy10743 + '\' target="_blank">'+addy_text10743+'<\/a>'; //-->
www.terraecultura.org


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel