Universidade rural galega - Share on Ovi

A Universidade Rural Galega organiza o I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural que tratará sobre "Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural".  Será unha oportunidade para compartir experiencias e poder valorar en conxunto o camiño a percorrer na procura da dignidade e o futuro do mundo rural.

O encontro será o sábado 21 de novembro no Museo Etnográfico da Capela ás 10:30.

 

Programa.

I Encontro de Dinamizadores/as do Mundo Rural.
"Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural"
 
Organizadores:
 
Universidade Rural do Eume e Universidade Rural Galega.
 
Obxectivos:
 
- Compartir análises feitos por xente que vive e/ou traballa a prol do mundo rural.
- Aportar fachos de luz e ánimo para as nosas actuacións.
- Colaborar na consolidación e visibilidade da Universidade Rural Galega.
 
Lugar e data:
 
Museo Etnográfico da Capela (A Coruña)
21 de novembro de 2009.
 
Contido:
 
10,30. Apertura e presentación
 
10,50. Presentación dos participantes
 
11,05 Sesión de traballo en Plenario
 
- Fendas na cultura (motiva Alfonso Blanco Torrado da Asociación Cultural XERMOLOS)
- Fendas no social (motiva Miguel Teixido, Xerente de EUROEUME).
- Fendas na economía (motiva Antonio Fernández Oca).
- Fendas na medio ambiente (motiva Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de VERDEGAIA).
 
13,15 Resumo e propostas finais  
   Mentras se están producindo os anteriores debates haberá dúas persoas recollendo o máis salientable, unha as sombras e outra as luces. Neste momento expoñen as súas recollidas a modo de conclusións e o plenario poderá facer algúns breves comentarios. O resultado esperado sería un pequeno documento publicable.
 
13,50 Acto de Clausura.
 
14,05. Xantar  
   Aínda que nos gustaría, non podemos convidarvos a comer pero temos buscado un sitio bon e barato. Animamosvos a que xantemos todos e todas xuntos, xa que no entorno máis distendido do xantar seguro que o intercambio de opinións seguirá medrando. Necesitamos que nos confirmedes a asistencia e o número de persoas que viredes ó xantar para poder facer o encargo. Agradeceríamos que fose antes do martes 17 de novembro, nos teléfonos: 981.102.662 / 672.087.656 ou no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
16,30 Visita ó Museo Etnográfico da Capela.
 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel