Nova iniciativa de agricultura urbana na Coruña: Hortas na cidade

Hortanacidade - Share on Ovi

 "Búscase recuperar antigas hortas e terreos abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso, contribuíndo así á súa axeitada conservación e mantemento.

A intención é que os propietarios de terras na actualidade sen uso as cedan ou aluguen a persoas de calquera zona da cidade que estean interesadas en traballalas como hortas e cultivos. Estas pequenas parcelas permitirán o cultivo para autoconsumo así como desenvolver nelas actividades de ocio e educativas.

Quérense explorar así alternativas de futuro para as áreas rurais da cidade A Coruña, para podelas integrar con tódalas súas virtudes dende a perspectiva da cidade e vida contemporáneas. "

A iniciativa presentarase o xoves 26 de Novembro no Forum Metropolitano.

Mais información en: http://hortasnacidade.wordpress.com


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel