O estabelecemento de turismo rural Casa Trillo de Muxía acollerá mañá, a partir das 16h00, o acto de presentación do Convivium Galiza do movemento mundial 'Slow Food'. Expertos galegos e vascos abordarán a filosofía desta filosofía centrada na desaceleración da vida.

O Slow Food é un movemento que naceu en 1986 en Italia da man do xornalista Carlo Petrini como protesta contra a instalación dun McDonals na Praza de España de Roma.

Bo, limpo e xusto son as premisas deste movemento mundial contrario á comida rápida e que na actualidade engloba moito máis: dende a defensa de produtos naturais, tradicionais e autóctonos a unha maneira de vivir máis tranquila e respectuosa co medio.

O Convivium Galiza, a delegación galega do Slow  Food, será a número 18 do Estado deste movemento que na actualidade agrupa a 80.000 persoas de 104 países dos cinco continentes.

Slow-food - Share on Ovi
 
Visto en --> A nosa Terra


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel