8marzoconvocatoria - Share on Ovi

 Durante a II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague, en agosto do ano 1910, Clara Zetkin conseguiu que se aprobase a Celebración do Día Internacional da Muller, data que se consolidou posteriormente no día 8 de marzo.

Durante estes cen anos, o 8 de marzo serviu para visibilizar as loitas e as demandas feministas, loitas pacíficas que significaron importantes avances na vida de millóns de mulleres, creando novas formas de pensamento e acción, propoñendo e construíndo un novo modelo de relacións sociais.

Mais, cen anos despois, as mulleres seguimos tendo que reivindicar o evidente.

No ano do centenario do 8 de marzo, as mulleres da Marcha Mundial das Mulleres dos cinco continentes, facemos un chamamento a "marchar" para demostrar a nosa perseveranza e a nosa forza colectiva, con distintas experiencias, culturas políticas e orixes étnicas, pero compartindo sempre un obxectivo común: o desexo de superar a inxusta orde actual que provoca a violencia e pobreza, e constituír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade.
Convócase a toda a cidadanía a participar nos actos que as diferentes coordinadoras comarcais da MMM van realizar en celebración do Día Internacional das Mulleres

Adxúntase cartaz da convocatoria e comunicado completo da Marcha Mundial das Mulleres.
Máis información en www.feminismo.info

ACTOS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES na GALIZA

Ourense

Luns, 8 de Marzo
Obradoiro ás 17:30 hrs.
Praza Maior

A Coruña
Luns, 8 de Marzo
Festa de celebración do movemento feminista

de 12:00hrs ás 20:30hrs
Praza das Conchiñas

Vigo
Luns, 8 de Marzo
Manifestación ás 20:00 hrs.
Desde a Praza de Portugal

Compostela
Luns, 8 de Marzo
Manifestación ás 20:30 hrs.
Desde a Praza do Toural

Ferrolterra
Luns, 8 de Marzo

Concentración ás 20:00 hrs.
Cantón de Molíns (Ferrol)

Pontevedra
Luns, 8 de Marzo
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza 8 de Marzo

[ Descarga aquí o MANIFESTO 8Marzo ]

 

 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel