O vindeiro martes, 17 de xaneiro de 2012, haberá a Presentación na cidade
da Coruña do proxecto FIARE de Banca Ética.

Organizada polo grupo local da Coruña, terá lugar ás 20:30 hs. no salón de
actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa dos Olmos, nº 16-18,
, desta cidade, e contará coa presencia de Raúl Asegurado, presidente da
Asociación Fiare Galiza.

cartel-ACAlecB-xaneiro2012-II - Share on Ovi

 

A Asociación Fiare Galiza, no capítulo de socios, conta na actualidade con

máis de 125 persoas físicas e 25 persoas xurídicas, entre as cales están,
entre outras, Adega, Ais O Peto, Altermundo, Arela, Amarante, Asociación
Xuvenil Abertal, Coordinadora Galega de Ongd's para o Desenvolvemento,
Enxeñería sen Fronteiras, Irimia, Sociedade Galega de Educación Ambiental,
Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional, Verdegaia e
Zocamiñoca.

FIARE é un proxecto que nace no 2003 para a promoción da banca ética, e
xa desde 2004 FIARE funciona en toda España como prestadora de servizos
financeiros, como axente da Banca Popolare Etica.

A nivel estatal, o aforro recolleito polo proxecto FIARE xa ten superado
os 30 millóns de euros (datos de agosto de 2011).
O crecemento na promoción do aforro das organizacións e familias permitiu
dispor duns recursos que se destinan ao financiamento de proxectos
transformadores, é dicir, fixo posible outorgar créditos a proxectos
sociais do terceiro sector e de economía social, de xeito que a 31 de
agosto de 2011, FIARE concedeu financiación a máis de 160 proxectos, por
un valor que ascende a máis de 26 millóns de euros.

Características de FIARE como a toma de decisións participativa, a
transparencia, o filtro ético das entidades financiadas, a actuación ao
servizo da xustiza, a participación de redes cidadáns e a actividade
rendable pero non lucrativa, teñen animado a que nestes intres, a nivel
estatal, case 300 organizacións e entidades e máis de 2.000 persoas estean
a apoiar o proxecto FIARE de Banca Ética.


Para máis información:
http://www.fiaregz.com/
http://www.fiare.org/


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel