shelltosea - Share on Ovi

 Temos unha mensaxe desde Quilmas:

"Esta semana terá lugar en Quilmas un acontecimento ao que estades convidads e que agradeceriamos difundísedes na medida do posible; a chegada dos compañeiros ciclistas o xoves día 15 que levan 2 meses de xira polas terras irlandesas, facendo etapas en lugares nos que a súa xente tivo ou ten unha loita singular pola proteción do territorio e contra a destrucción imposta polas multinacionais. Estes compañeiros achegaranse para compartir connosco a súa experiencia e contarnos, de primeira man, o que acontece por as terras Eire através de videos e fotos, tamén farán unha compilación de documentos audivisuais que recollerán en QUilmas mentres dure a súa visita (ata o sábado ou domingo, 3 días) con entrevistas e opinións respecto a situación da cooperativa, os veciños e a piscifactoría.

Dende a PLataforma pola defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas e da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa consideramos que esta acción pode ser moi enriquecedora para todos polo que estaríamos encantados de contar convosco. As actividades desenrolaránse no Porto de Quilmas, Campo das Casetas dos Mariñeiros (entre o xoves e o sábado). Coma o horario de chegada está no ar, as últimas novas atoparédelas nos telefonos de sempre:

Guebs de interes:

Itinerario aproximado da Bicicaravana por Galiza: http://www.inventati.org/bicilab/?q=node/387     
A loita de Rossport. "Shell to Sea": http://www.shelltosea.com/
A marcha solidaria desde Gales: http://www.merthyrtomayo.org/"

fiare_galego - Share on Ovi
• Participa na construción dunha banca ética cidadá que nos faga avanzar cara un sistema integral de finanzas éticas e solidarias no Estado Español.
• A campaña de Coop57 procura a máxima capilaridade, implicación e participación social.
Desde este mes de Xuño de 2010 e até o 31 de Decembro de 2012, Coop57 impulsa en Galiza unha campaña de captación de capital social para a construción dunha futura banca ética cidadá através do proxecto FIARE, do que é socia transversal. A iniciativa concrétase en forma de achegas de persoas (desde 300 euros) e de entidades da economía social e solidaria (desde 840 euros). Estas achegas farán parte do capital social da futura cooperativa de crédito europea. Podedes atopar toda a información neste tríptico e podedes descargar todos os documentos e formularios aquí.

Desde Coop57 construimos banca ética. Participa.
Unhas outras finanzas son posíbeis e necesarias.
 
 

Amarante - Share on Ovi

Centrado sobre a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de explotación de miles de persoas

O vindeiro sábado 8 de Marzo Amarante celebrará o Día Internacional do Comercio Xusto que por segundo ano consecutivo contaremos coa colaboración de outras entidades relacionadas co consumo responsable como Verdegaia, Sindicato Labrego Galego, A Gradicela e Árbore.
 
Na celebración deste ano baixo o lema por un “Comercio Xusto no Norte e no Sur”, faremos unha análise e denuncia da implicación das grandes superficies nas condicións de vida e de explotación de miles de persoas.

Para iso farase unha serie de actividades nas que se visibilizarán o impacto das actuacións de empresas como Carrefour ou Lidl nos distintos sectores como o da alimentación ou o do téxtil.
 
Así contaremos cos mercados transparentes de alimentación nos que participarán labregas e labregos das nosas comarcas e que mostrarán as diferencias de prezo entre a producción e a venda final nas grandes superficies.
 
Tamén contaremos cos mercados transparentes de roupa onde se darán a coñecer os resultados da investigación das condicións das traballadoras do téxtil en Asia para as grandes distribuidoras elaborado pola Campaña Roupa Limpa CRL e como son unha peza máis nun sistema que asfixia a milleiros de traballadoras de paises do Sur con condicións laborais que violan os seus dereitos humanos.

Ler máis...

Picobello - Share on Ovi

Diferentes colectivos ecoloxistas de Galiza mobilizáronse para esixir a preservación do lugar de Pico Vello nas Pontes e a paralización do proxecto mineiro. Apesar da oposición dos colectivos sociais e concellos afectados, a administración galega non asumiu aínda a súa obriga legal de protexer o medio ambiente e aposta con todo por garantir os intereses económicos dos promotores da mina, que reciben 6,3 millóns de euros en axudas públicas. Os postos de traballo ofrecidos pola empresa non xustifican a destrución dun espazo de gran importancia ambiental, nin moito menos o risco no que se pon a saúde da poboación contaminando as augas que empregan.

Ler máis...

PlanetaFinito - Share on Ovi

Planeta finito é: "unha iniciativa sen ánimo de lucro que pretende facilitar o acceso a unha limitada e escollida selección de publicacións ao redor dalgúns ámbitos significativos -aínda que menos coñecidos e difundidos- da PermaCultura (deseño integral de hábitats humanos sustentabeis).

Xorde aberta á cooperación con outras iniciativas, co obxectivo de achegar materiais especialmente útiles para as transformacións sociais que  afrontamos.

Así mesmo, incorpora a divulgación, distribución e venda de:

    * materiais da Distribuidora Zambra (dereitos e loitas sociais, Renda Básica das Iguais, ecoloxismo social, libros infantís e xuvenís...), unha boa parte deles escritos polas xentes de Baladre

    * copas menstruales Mooncup (alternativa ecolóxica, saudable e económica aos produtos convencionais de hixiene feminina)

Sirva esta selección de partida para dar unha idea do que é, e poderá chegar a ser, Planeta Finito. Proximamente, se co/editarán materiais vinculados con Permacultura."

Mais aquí --> Planeta Finito

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel