PXOM - Share on Ovi

 Persoas individuais, colectivos culturais e sociais, asociacións veciñais e diversos espazos da sociedade civil coruñesa queremos manifestar a nosa disconformidade rotunda, ante a aprobación inicial (unilateralmente acordada desde o concello da Coruña incluso co informe desfavorable da XUNTA) dun PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), que se materializaría na formulación dun modelo de cidade insostivel, laboral, ecolóxica e socialmente falando.

Expresamos a nosa disconformidade en forma de exigencia do Dereito á Cidade. Unha cidade, a de todas e todos, necesitada de procesos de diálogo social real, recibe un plano xeral tremendamente inconcreto, oscuro, difícilmente comprensible e contrariamente do que se quere facer ver, con elevados déficits no que a participación e debate cidadán se refire.

A exclusiva presenza de administracións-partidos e centros de decisión económicos privados (lobbies económicos e grande empresariado da cidade) marca a ausencia dun plantexamento dialogante e participativo con unha sociedade civil activa e recoñecible (asociacións culturais e sociais, agrupacións de profesionais, asociacións veciñais, colectivos de base,..) ninguneada e francamente ausente do proceso de creación deste importantísimo plan de ordenación municipal. Un PXOM que demarca as liñas que dentro do termo “modelo de cidade” marcarán o futuro social, económico, cultural e ambiental da cidade. Grazas ao que leemos neste PXOM, un futuro, inconsciente
e francamente en suspenso.

Ler máis...

arbore - Share on Ovi

A cooperativa, pioneira na Galiza, agrupa xa a 290 familias e serve de espello a unha necesaria revolución alimentaria.

Árbore cumpre 9 anos coa satisfacción de multiplicar por dez o número de socios que a formaban alá por 2001, cando a cooperativa se creou. Empezou sendo un reducido grupo de familias que querían mellorar a súa calidade de vida alimentándose mellor. Cando a tenda de produtos ecolóxicos na que mercaban pechou, non quedou alternativa; xuntáronse -eran unhas 25 familias- e como cooperativa comezaron a beneficiarse das vantaxes desa unión. Aquilo foise facendo máis e máis grande e tras unha década xa son case 300 as familias socias desta Cooperativa de Consumo viguesa. Pero Árbore é moito máis. 

Ler máis...

O estabelecemento de turismo rural Casa Trillo de Muxía acollerá mañá, a partir das 16h00, o acto de presentación do Convivium Galiza do movemento mundial 'Slow Food'. Expertos galegos e vascos abordarán a filosofía desta filosofía centrada na desaceleración da vida.

O Slow Food é un movemento que naceu en 1986 en Italia da man do xornalista Carlo Petrini como protesta contra a instalación dun McDonals na Praza de España de Roma.

Bo, limpo e xusto son as premisas deste movemento mundial contrario á comida rápida e que na actualidade engloba moito máis: dende a defensa de produtos naturais, tradicionais e autóctonos a unha maneira de vivir máis tranquila e respectuosa co medio.

O Convivium Galiza, a delegación galega do Slow  Food, será a número 18 do Estado deste movemento que na actualidade agrupa a 80.000 persoas de 104 países dos cinco continentes.

Slow-food - Share on Ovi
 
Visto en --> A nosa Terra

concurso - Share on Ovi

 A Xoaninha, a nosa cooperativa irmá de Ferrolterra, convídanos a participar no seu 1ª concurso de receitas:

"O primeiro concurso de receitas organizado pola Cooperativa de consumo responsable A Xoaniña, ten por obxecto promover e promocionar o emprego de produtos de cultivo ecolóxico como vía para o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida.

Asemade, con esta actividade, dende a Xoaniña preténdese dar a coñecer a tenda de produtos ecolóxicos que a cooperativa ten en Ferrol.

Queres participar?

Só tes que comprometerte a facer unha ou varias receitas para sometelas a degustación pública o día 3 de xaneiro.

Para formar parte do concurso terás que facernos chegar a receita antes do 31 de decembro por algún dos seguintes medios:

a) Entregando a receita en formato A4 no local da cooperativa sito na Rúa Venezuela 78, 15404, Ferrol.

        b) Enviando a receita por correo electrónico ao seguinte enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo."

"O día 3 de xaneiro deberás levar a túa receita, xa elaborada, ao posto da Xoaniña que estará na Feira de Nadal que organiza o Concello de Ferrol (Cantón de Molíns)."

Desde Zocaminhoca desexamos o maior dos exitos a iniciativa!! 
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel