Nova iniciativa de agricultura urbana na Coruña: Hortas na cidade

Hortanacidade - Share on Ovi

 "Búscase recuperar antigas hortas e terreos abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso, contribuíndo así á súa axeitada conservación e mantemento.

A intención é que os propietarios de terras na actualidade sen uso as cedan ou aluguen a persoas de calquera zona da cidade que estean interesadas en traballalas como hortas e cultivos. Estas pequenas parcelas permitirán o cultivo para autoconsumo así como desenvolver nelas actividades de ocio e educativas.

Quérense explorar así alternativas de futuro para as áreas rurais da cidade A Coruña, para podelas integrar con tódalas súas virtudes dende a perspectiva da cidade e vida contemporáneas. "

A iniciativa presentarase o xoves 26 de Novembro no Forum Metropolitano.

Mais información en: http://hortasnacidade.wordpress.com

  

Universidade rural galega - Share on Ovi

A Universidade Rural Galega organiza o I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural que tratará sobre "Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural".  Será unha oportunidade para compartir experiencias e poder valorar en conxunto o camiño a percorrer na procura da dignidade e o futuro do mundo rural.

O encontro será o sábado 21 de novembro no Museo Etnográfico da Capela ás 10:30.

Ler máis...

Pese a que no noso país non existen sondeos concretos sobre as dietas vexetarianas e o número de persoas reais que seguen este tipo de alimentación baseado unicamente na inxesta de froitas, legumes e verduras, o certo é que segundo informa a Asociación Libera, “en Galicia existen preto de 3000 persoas que son vexetarianas, das cales o 10 por cento sería vegana”, unha cifra moi baixa incluso para España, que é o país europeo coa porcentaxe máis pobre de toda Europa en número de persoas vexetarianas. A Asociación Libera, a fin de incrementar na medida do posible estas cifras tan baixas, e consecuentemente mellorar a saúde da nosa poboación, vén de anunciar o lanzamento dun portal en galego, Vexetais, que informa sobre este tipo de dietas e das vantaxes que conleva seguir unha alimentación equilibrada prescindindo das carnes.

 

vexetais.info - Share on Ovi

Ler máis...

A Cova da Terra e Gaesal organizan as Xornadas "O Consumo Consciente de Produtos Forestais".

As Xornadas levaranse a cabo no Salón de actos da facultade de Maxisterio situado na rúa Ramón Ferreiro en Lugo, o sábado día 7 de novembro, de 09:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas.  Inscrípcións (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

 

Xornadas Forestais Lugo - Share on Ovi
Ler máis...

A Asociación Cultural teense “Os Ameios”, está a organizar as xornadas “Terra e Cultura Sustentable”, que se desenvolverán no Fogar do Santiso ao longo deste vindeiro outono.

cartel-terra-e-cultura - Share on Ovi

As xornadas celebraranse en 9 sábados consecutivos: 10, 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro e 5 de decembro. Serán no espazo do Fogar do Santiso, sito no lugar de Trasellas, parroquia de Luou do concello de Teo. Preséntanse como propostas de acción e visións por unha TERRA e CULTURA máis sustentables.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel