Novo proxecto de agricultura urbana en Galiza. Atópase en periodo de constitución, todavía están a prepararse os estatutos, a Asociación Galega de Horticultura Urbana.  Asi se autopresentan no seu web, convidando a quen o desexe a unirse o proxecto dende os seus inicios :

AGHU - Share on Ovi

 "A Asociación Galega de Horticultura Urbana, todavía non é unha realidade, pero esperamos que o sexa a curto prazo. Estamos traballando para constituir esta asociación que esperamos sexa de gran axuda a todos, un lugar de encontro, e un sitio en común.

Estas son as espectativas que temos para ela:

  • Servir como centro de encontro entre os afecionados a horticultura urbana en toda Galicia.
  • Planificar charlas, cursiños e eventos para extender a cultura hortícula entre os urbanitas galegos.
  • Servir como punto de intercambio de productos producidos de forma ecolóxica, excedentes, sementes, etc.
  • Organizar festas, mercadillos e encontros gastronómicos e hortícolas nas urbes.
  • Proporcionar axuda humanitaria e voluntaria a outras asociacións especializadas a través das técnicas hortícolas urbanas, recursos e producción dos asociados.
  • Incentivar ós concellos a ceder terreos públicos e parcelas de xadíns como terreo cultivable polos asociados.

Nestes intres estamos a elaborar os nosos estatutos. Se queres colaborar nesta labor e entrar a ser parte da asociación como membro fundador, contacta connosco canto antes.

Para entrar a formar parte da asociación manda un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." mce_' + path + '\'' + prefix + ':' + addy79981 + '\'>'+addy_text79981+'<\/a>'; //--> , cos teus datos de contacto e contándonos un pouco sobre a túa experiencia (ou falta dela) como horticultor urbano."

Pódedes atopar mais información no seu web: http://www.hortaurbana.info

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel