pga - Share on Ovi

 Charo Sánchez Parga, Analía Moares e Adolfo Naia, en representación da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), mantiveron un encontro coa subdirectora xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, Patricia Ulloa, e o xefe do servizo de Sanidade e Produción Vexetal, Ramón Lamelo.

A xuntanza iniciouse coa exposición que os cargos da Consellaría de Medio Rural fixeron do traballo desenvolvido no ano 2010 en materia de transxénicos: accións relacionadas coa parcela experimental de Mesía, o posicionamento unánime das comunidades autónomas en relación ás recomendacións en materia de coexistencia da Comisión Europea, ou a asistencia á Comisión Nacional de Bioseguridade.

Ler máis...

O Domingo 10:10:10, día pela redución de CO2 na atmosfera a 350 ppm, terá lugar en Quilmas unha xornada reivindicativa e de reflexión sobre a gran carga contaminante que está a supor para a terra os malos hábitos de "desenvolvemento" do ser humán. As visións a curto prazo poñen en perigo a vida, tal e coma agora a conhecemos, no nosso planeta. A xornada terá como obxectivo analisarmos as posibilidades que temos de influir no nosso entorno mais próximo para realizar trocos substanciais na sociedade e como reducilo impacto sobre o medio natural.  

EcojornadaQuilmas - Share on Ovi
Ler máis...

Romaria Ordes - Share on Ovi

A área do Rio Mercurim, no concelho de Ordes, acolherá esta terça 31 umha nova ediçom da romaria reivindecativa organizada polo Sindicato Labrego Galego. A romaria fará-se no campo da feira e tem como alvo reivindicar poder "viver da terra e dos nossos produtos com dignidade", como exprime a organizaçom no seu site.

"Porque sabemos que os nosos produtos som de qualidade e queremos que sejam valorizados e porque gostamos do encontro e da festa", som outras das razons que o sindicato nacionalista dá no comunicado de imprensa para anunciar esta oitava ediçom da Romaria Popular.

Aliás para quem tiver algumha dúvida sobre o evento o Sindicato Labrego Galego forneceu estes números de contacto:
981 68 29 08  ou  649 886 267

A seguir colamos o pograma da romaria:

Terça-feira 31 de Agosto do 2010


* Chegada às 12:00 horas: Apresentaçom da jornada
* Às 14:00 horas: Jantar partilhado com comida que levemos todos e todas, cousas boas e sans das nossas casas, tortilha, chouriços, queijo, rosca, ...
* À tarde queimada de graça para todos e todas, música, jogos e muitas ganas de rir e passá-lo bem.

http://www.diarioliberdade.org

Terractiva - Share on Ovi

A que constitúe a sétima edición do Festival das Artes pola Biodiversidade quenta xa motores. Será o dous e o tres de outubro cando o recinto feiral de Arzúa acolla de novo a maior feira ecolóxica de Galicia, xunto con propostas complementarias como o Formaterra, entre outras moitas. Unha das principais novidades de 2010 é o cambio no apartado formativo, o Formaterra. Para axilizar a Feira e tamén co obxectivo de aumentar as posibilidades formativas e de que o maior número de persoas interesadas poidan participar, Terractiva 2010 decidiu que os obradoiros centrasen en exclusiva este apartado. Así, non haberá cursos con inscrición previa ao festival.

Deste xeito, aqueles e aquelas interesados/as en adquiriren coñecementos de disciplinas coma o Reiki, Sat Nam Rasayan (A arte da sanación), arteterapia, respiración e relaxación ou ioga en parella, entre outros, poderán achegarse ao recinto feiral arzuán e, por un prezo que oscilará entre os 5 e os 10 euros, participar neles.

A este respecto, cabe indicar que o prezo é por obradoiro e que a idade mínima para poder participar está fixada nos 16 anos. Se ben, e fóra da proposta Formaterra, tamén se desenvolverán obradoiros de cociña ecolóxica ou instrumentos tradicionais, por nomear algúns, que serán gratuítos.

Ler máis...

cartel_tinto_2010_600-09b86 - Share on Ovi

Como? Que aínda non coñeces que é isto do Tinto de Verán? Pois non o dubides! Achégache!,... Este é un espazo autogestionado de coñecemento mutuo, relación, e reflexión para a acción social e colectiva entre xente inquieta que nos apetece xuntarnos e compartir: "que estamos a facer" para "facer xuntas"; discutir, rir, divertirnos, construír e deconstruir,... Soñando moitos mundos onde a xustiza social, a igualdade, a solidariedade, o respecto polo medio ambiente e as persoas, sexan utopías a alcanzar.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel