A confraría de Lira (Carnota), preocupada polos crónicos problemas de sobrepesca e furtivismo decidiu, despois de padecer a catástrofe do Prestige, por en marcha unha serie de proxectos cuxo principal valor é a racionalidade na explotación dos recursos pesqueiros.

Entre outras medidas, a confradía impulsou a creación dunha Reserva pesqueira: Os Miñarzos”. Esta decisión supuxo delimitar xeograficamente un área de costa e estabelecer uns límites de pesca na reserva, asi como a configuración dun sistema de xestión e participación do sector pesqueiro local.

Os obxectivos da reserva son a protección e a rexeneración dos recursos mariños, o impulso dunha pesca de baixura local sustentábel no tempo, e a conservación da flora, a fauna e a biodiversidade do medio.

Malia as reticencias iniciais dalgúns mariñeiros, a reserva resultou ser un exito, asi ven de recoñecelo a organización ecoloxista internacional WWF, e unha vez demostrada a súa rendabilidade outras confradias do país comezan a seguir o exemplo, a Confradia de Cedeira podería ser a seguinte.

Dende Zocamiñoca desexamos que sexan moitas mais, polo ben de todos...

 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel