Green é un documental realizado polo director francés Patrick Rouxel sobre a destrución do bosque indonesio e a extinción dos orangutáns. Este documental ten como obxectivo chegar ao corazón das persoas coa esperanza de que cambien os seus hábitos de consumo e deixen de formar  parte desta destrución.

 

Indonesia conta coa terceira maior superficie forestal  do mundo despois de Brasil e  Zaire. Desde a última década do século XX, o país perdeu 1,3 millóns de hectáreas de bosque cada ano. Indonesia é vítima habitual da explotación incontrolada dos seus bosques. Ao principio propiciada polos colonos holandeses. Despois, unha vez instaurada a independencia do país, debido á cesión por parte do réxime de Suharto das grandes zonas forestais a compañías estranxeiras que se adicaron á elaboración de pasta de papel e, sobre todo, á produción de aceite de palma.
No século XXI, cada ano tállanse 60 millóns de metros cúbicos de bosque sen autorización e dous millóns de hectáreas de bosque natural transfórmanse en explotacións madeireiras, para a produción de aceite de palma ou outro tipo de produtos agrícolas.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel