Desde o seu nacemento até alcanzar a puberdade, un hámster dobra o seu peso cada semana. Si ao chegar á idade adulta este crecemento non se detivese, como ocorre con todos os animais, e continuase duplicando o seu peso, ao cumprir o seu primeiro ano de vida atopariámonos cun hámster de 9.000 toneladas de peso. Este hámster sería capaz de comerse nun só día todo o millo producido no mundo enteiro durante todo un ano, e seguiría famento. Hai un motivo polo que as criaturas da natureza soamente crecen até alcanzar certo tamaño. Por que pensan a maioría dos economistas e políticos que a economía pode crecer indefinidamente?



zocarede

Rede Galega de consumo responsábel