Quen non ouviu falar dos Paraísos Fiscais? Pero, para que serven os Paraísos Fiscais?. Cal é a razón de ser dos Paraísos Fiscais?
Ben, pois os Paraísos Fiscais existen porque existe o diñeiro, nin máis nin menos, xa que serven para esconder diñeiro. Para esconder diñeiro? Si, para esconder diñeiro. E quen esconde diñeiro nos Paraísos Fiscais? Pois, os ricos esconden diñeiro para non pagar impostos, as empresas esconden diñeiro para non pagar impostos, as mafias esconden diñeiro para non ser descubertas, o terrorismo esconde diñeiro para non ser descuberto... Pero os Paraísos Fiscais non serven unicamente para non pagar impostos, tamén serven para ocultar perdas, como no caso dos bancos que os utilizan para este fin, para ocultar perdas. Lembren, a Banca non pode perder nunca, sempre ten que amosar beneficios! As grandes empresas que cotizan en Bolsa tamén ocultan perdas para que as Bolsas non se afundan e por último e isto xa é o "cagarse" os Estados tamén esconden perdas ou déficits como ocorreu con Grecia recentemente. Si alguén cre que o caso de Grecia é un caso illado ese alguén é un inxenuo...


 Ben, pois para todo isto serven os Paraísos Fiscais. Estímase, aínda que é unha estimación moi difícil de realizar, que os Paraísos Fiscais esconden ao redor de 40 billóns de euros que é case o valor dos bens e servizos que se producen no mundo nun ano. E como fan os Paraísos Fiscais para esconder esas cifras astronómicas de diñeiro? Pódese ver no vídeo que adxuntamos, foi emitido hai algún tempo por televisión. Recoméndovos que antes de velo tomedes un antivomitivo.

E para rematar esta frase "Os paraísos fiscais, como Drácula, temen á luz... Quen enviará estes "paraísos" ao inferno?" ou dito de forma clara: Como é que os Estados permiten a existencia dos Paraísos Fiscais, tan difícil é acabar con esta lacra? Ben, pois é moi fácil como explicaremos nun próximo artigo pero ao mesmo tempo é moi difícil por tratarse de cifras astronómicas de diñeiro como dixemos. Lembremos respecto diso esta frase de Quevedo "Poderoso caballero es don Dinero" ou estoutras "O día que a merda teña algún valor, os pobres nacerán sen cu" e "A un can con diñeiro chámaselle señor can"

Via --> Coop57


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel