Co gallo do Día Mundial da Agua, que naceu como iniciativa do chamado Cumio da Terra de Rio de Janeiro no ano 1992, e se celebra cada 22 de Marzo, os creadores da Historia das Cousas lanzan agora unha nova entrega dos seus reveladores videos.

Na Historia da auga engarrafada explícannos como os executivos das empresas produtoras de bebidas conseguiron facerlle crer a xente que era malo o consumo de auga da rede, e como esta industria innecesaria é terribelmente dañina para o medio ambiente. O video explica tamén como foi creada a industria da auga por medio da 'demanda manufacturada'. É dicir: ninguen pensaba que fose lóxico pagar por auga até que as campañas de comunicación comezaron a facer crer a xente que a auga da billa non era saudábel.

O documental pode verse subtitulado en ´galego internacional´ premendo no botón CC da parte de abaixo do video.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel