{blip}4103943{/blip}

A NOVA ALDEA é un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego entendido este como un ecosistema que nun tempo foi prioritario para o desenvolvemento de Galicia, e que agora se atopa nunha crise profunda a piques da súa desaparición.

O que se persegue é que sexa un documental non meramente descritivo, senón que albisque posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día, e cunha dignidade social i económica real, contemplando o rural con esperanza, coma un eido onde sexa posible vivir unha vida moderna e de futuro.

 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel