"On" é un micro-vídeo sen palabras, con personaxes de plastilina e paisaxes de materiais reciclados, que nos explica unha historia, é unha viaxe polo tempo e o espazo.
Preguntáronse algunha vez de onde veñen as mazás que compran no supermercado? De onde sae o petróleo que utilizan para alimentar os coches que lles levan ao traballo, ou ao/as neno/as á escola? Ou "que temos que ver e que podemos facer co cambio climático?".
Todo está relacionado e ten que ver con como funciona o mercado e o comercio, e influencia tanto a vida doutras persoas como a nosa. "On" é unha invitación a deter este sistema, a imaxinar e implementar, sempre colectivamente, propostas como a Soberanía Alimentar, a xustiza climática e o "Bo Vivir".
Non te Comas o Mundo: No et mengis el mon


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel