No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todos e de ninguén, que camiña entre o público e o privado. Estamos a falar dos montes en mancomún. "En todas as mans" é un proxecto de documental sobre a propiedade en mancomún. Pretendemos construír unha achega á sua situación actual a partir das xentes das comunidades e voces autorizadas. Nestes momentos o documental está en fase de preprodución.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel