Está realmente en perigo o sistema público de pensións? Cal é a súa orixe? É necesaria a súa reforma? Que intereses se agochan tras dos ataques ás pensións públicas? A que responde a reforma antisocial que promove o PSOE? Que resposta debe dar a clase traballadora fronte estas políticas?

Nun breve audiovisual de algo máis de dez minutos de duración, a licenciada en dereito e técnica de formación sindical da fundación Fesga, Silvia Bermúdez Pérez, bota abaixo de xeito pedagóxico os principais "argumentos" esgrimidos por quen promove a precarización dos sistemas públicos de pensións, deixando en evidencia a sumisión ideolóxica --e tamén económica- dos presuntos expertos independentes cos que públicamente se avalan estas propostas antisociais, e deitando cuestións de relevo a respecto da orixe pero sobre todo do futuro das pensións públicas. 


Baterías que morren' aos 18 meses de ser estreadas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións, lámpadas que se funden as mil horas... Por que, a pesar dos avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos?

Rodado en Catalunya, Francia, Alemaña, Estados Unidos e Ghana, Comprar, tirar, comprar, fai un percorrido pola historia dunha práctica empresarial que consiste na redución deliberada da vida dun produto para incrementar o seu consumo porque, como xa publicaba en 1928 unha influente revista de publicidade norteamericana, "un artigo que non se desgasta é unha traxedia para os negocios".

O documental, dirixido por Cosima Dannoritzer e coproducido por Televisión Española, é o resultado de tres anos de investigación, fai uso de imaxes de arquivo pouco coñecidas; achega probas documentais e mostra as desastrosas consecuencias ambientais que se derivan desta práctica. Tamén presenta diversos exemplos do espírito de resistencia que está a crecer entre os consumidores e recolle a análise e a opinión de economistas, deseñadores e intelectuais que propoñen vías alternativas para salvar economía e medio ambiente.

Ler máis...

Nova entrega dos documentais sobre consumo da activista norteamericana Annie Leonard [ http://www.storyofstuff.com/
Os subtitulos  en inglés podense traducir pasando o cursor sobre o boton CC e premendo despois "traslate captions".

We Feed the World é un documental austríaco que mostra unha imaxe crítica sobre o aumento da industrialización e da masificación da produción de alimentos.

O fío condutor do documental é unha entrevista con Jean Ziegler (relator especial de Nacións Unidas para o dereito á alimentación), informador especial das Nacións Unidas sobre o dereito á alimentación. A película, que xa é o documental de maior éxito das últimas décadas en Austria, cuestiona o comportamento de consumo e a responsabilidade de cada un.

O filme lévanos por Francia, España, Rumania, Suíza, Brasil e de volta a Austria. Ademais de Jean Ziegler, neste documental entrevistase ao Director de Produción de Pioneer, a maior empresa de sementes do mundo, e a Peter Brabeck, Director de Nestle Internacional, a maior empresa alimenticia do mundo ademais da pescadores, agricultores e biólogos..

 

Nesta entrevista Carlos Taibo explícanos que é o decrecimiento, nado como crítica ao crecemento ilimitado nun mundo con recursos limitados, e como proposta de debate social.
O decrecimiento é unha corrente de pensamento político, económico e social favorábel á diminución controlada da produción económica co obxectivo de establecer unha nova relación de equilibrio entre o ser humano e a natureza, pero tamén entre os propios seres humanos.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel