A confraría de Lira (Carnota), preocupada polos crónicos problemas de sobrepesca e furtivismo decidiu, despois de padecer a catástrofe do Prestige, por en marcha unha serie de proxectos cuxo principal valor é a racionalidade na explotación dos recursos pesqueiros.

Entre outras medidas, a confradía impulsou a creación dunha Reserva pesqueira: Os Miñarzos”. Esta decisión supuxo delimitar xeograficamente un área de costa e estabelecer uns límites de pesca na reserva, asi como a configuración dun sistema de xestión e participación do sector pesqueiro local.

Os obxectivos da reserva son a protección e a rexeneración dos recursos mariños, o impulso dunha pesca de baixura local sustentábel no tempo, e a conservación da flora, a fauna e a biodiversidade do medio.

Malia as reticencias iniciais dalgúns mariñeiros, a reserva resultou ser un exito, asi ven de recoñecelo a organización ecoloxista internacional WWF, e unha vez demostrada a súa rendabilidade outras confradias do país comezan a seguir o exemplo, a Confradia de Cedeira podería ser a seguinte.

Dende Zocamiñoca desexamos que sexan moitas mais, polo ben de todos...

 

O sistema económico adoita acabar fagocitando todo tipo de etiquetas bienintencionadas en orixe, e pervirte o seu uso e sentido para polo ao servizo dos beneficios económicos. Gran parodia sobre os produtos e servizos que explotan a palabra "sustentabilidade" de modo incorrecto ou mal entendido.

 

Un espectacular exemplo de horta-xardín urbano. En plena cidade, no medio de autoestradas, coches, cemento e urbanismo sen freo, a familia Dervae e quen de producir, con so 400 metros de terra, 2700 kgs de froitas e verduras o ano.

Todo un modelo de autosuficiencia e respecto polo planeta.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel