Lira - Share on Ovi
As novidades que chegan estes días sobre a saúde da Reserva Mariña dos Miñarzos, en Lira, chegan completamente contrapostas. Se por unha banda a documental sobre a Reserva liracha continúa levando á Costa da Morte por festivais de todo o mundo; pola outra, a Consellería do Mar empéñase en deixar morrer un proxecto exemplar en todo o mundo.

A Xunta deixa morrer a Reserva

Para unha vez que a Costa da Morte é pioneira nalgo, a política ponse polo medio e o “esto fixérono eles” convírtese nun obstáculo posto polos nosos mediocres políticos.

Como apuntan na Opinión, onde catalogan xa as zonas protexidas como “Reservas de papel”, a deixadez da nova Consellería do Mar para con un proxecto creado polo Bipartito, provoca que as Reservas Mariñas de Lira e Cedeira estean en verdadeiro perigo de extinción.

Ler máis...

Descrecimento - Share on Ovi

A maioría dos problemas económicos que temos hoxe derivan do capitalismo, asegura Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid. Nunha visita maratoniana a Galicia, onde aproveitou para presentar o seu último libro e dar unha conferencia sobre un "mundo sostible", o prestixioso ensaísta augurou que "se as cousas non mudan camiñamos cara o colapso do sistema". Apunta o encarecemento das materias primas enerxéticas e o desartellamento social como os primeiros indicios dese delicado horizonte.

Segundo el di asistiremos a unha operación de "fogos artificiais" que nos inducirá a pensar que deixamos atrás a crise cando "os seus elementos máis fortes reaparecerán antes ou despois". Para Taibo isto é evitable pero non cuns gobernantes que "pretenden resolver a crise co mesmo tipo de medidas que nos colocou nela", resalta.

O ensaísta pugna por un "cambio radical de rumbo" na súa revolucionaria teoría do "decrecemento". Nesta idea xestada ó longo dos anos de activismo social racha coa loita xeral por crecer e aposta, precisamente por todo o contrario.

Ler máis...

aforroenergia - Share on Ovi

O do aforro enerxético está moi ben, si, pero se se fixese en serio acabaría chocando cos nosos dereitos máis elementais: o dereito a ir en coche a calquera sitio, o dereito a estar en manga curta en febreiro, o dereito a ter a igrexa do pobo máis iluminada que a catedral de Florencia, o dereito a comer a froita que queiramos todo o ano aínda que haxa que traela doutro continente, o dereito a viaxar en avión ou AVE?

Hai que esixir ao goberno un plan de aforro ambicioso, si; pero, coa man no corazón, a que estamos dispostos a renunciar nós? A pouco, polo que parece, ou iso indican as respostas que ouvín tras a proposta de redución a 110 quilómetros, coma se a velocidade a 120 (que poucos respectan ademais) fose un dereito adquirido, ou mesmo un dereito natural, irrenunciabel.

Ler máis...

comendo - Share on Ovi

Tiña todo o proxecto da nova queixería a punto, só lle faltaba comprar algúns utensilios pero xa non me alcanzaban os meus aforros esgotados. Os últimos anos foran pésimos para a miña pequena explotación de vacún. Na nosa zona dúas grandes marcas controlan toda a compra de leite e marcan a uns prezos cada vez máis baixos. A subida de prezos dos cereais para o penso, rematoume. Canto máis producía, máis perdía.

Pensei que sendo un emprendemento que xeraría polo menos un par de postos de traballo, a administración apoiaríame. No Departamento de Agricultura ó que lle solicitei unha axuda de mil euros, dixéronme: "Non, non nos quedan fondos para isto. Cos recortes, o orzamento de subvencións volatilizouse". O técnico irónico resolveu que "seguramente, eses fondos estarán reflotando algún banco"...

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel