vacas - Share on Ovi

Coa información que nos chegou de Alemaña sobre a contaminación de dioxinas en máis de 4.000 granxas, a pregunta que xorde é: facémonos todos vegetarianos estritos? Porque, certamente, son moitos xa os casos de presenza de tóxicos en alimentos de orixe animal, de pestes que se fan gripes e de vacas que quedan chifladas. Eu teño a miña propia resposta, sinxela, pero que debo argumentarlles.

Máis aló das posibles repercusións sobre a nosa saúde derivadas do consumo dalgún destes produtos, cuestión certamente importante, o que estes escándalos alimentarios pon en evidencia é claramente o todo dun modelo de produción animal con moitos máis problemas que vantaxes. E digo un modelo porque me refiro exclusivamente á forma imperante -moi afastada ao bo saber campesiño e gandeiro- de engordar e criar animais en batería, tensos e aceleradamente; será por iso polo que se lle chama gandaría industrial ou intensiva, porque parecese que fabricamos porcos ou galiñas coma se fosen porcas ou furgonetas.

Ler máis...

Entrevista en lavanguardia.es a Joan-Ramón Laporte, xefe de farmacoloxía do Hospital Vall d'Hebron.

joanramon laporte

A diferenza entre un medicamento e un veleno radica na dose.

Analiza fármacos que xa están no mercado?

Si, porque cando un fármaco sae ao mercado foi probado por uns poucos miles de voluntarios, pero ao comercializarse en todo o mundo é tomado por millóns de persoas e é entón cando poden aparecer efectos indeseados, en ocasións con desenlace mortal.

Cal é o medicamento que máis xente matou?

A aspirina, porque é o medicamento que máis xente tomou e a percepción do seu risco está distorsionada. A doses baixas -cen miligramos ao día- é un excelente protector cardiovascular, pero a dose analgésicas -un gramo- pode producir hemorraxia gastrointestinal.

Hai datos?

En Catalunya prodúcense uns 3000 casos anuais de hemorraxia gastrointestinal dos que un 40% son atribuíbles á aspirina e a outros antiinflamatorios. En EE.UU. morren ao ano por hemorraxia gastrointestinal por antiinflamatorio unhas 15.000 persoas; mentres que de sida morren 12.000.

Ler máis...

Biodiversidade - Share on Ovi

O peche do ano 2010 é tamén o final do Ano Internacional a favor da Biodiversidade declarado por Nacións Unidas, polo que esperemos que o asunto non se arrincone agora no caixón de temas pendentes. Porque se algo temos claro, con ou sen ano internacional, é que o futuro da humanidade depende da nave onde viaxamos, a Terra, e esta só continuará mentres sexa biodiversa.

A comunidade científica ten sinalado en numerosos informes que a situación patrimonial da Terra é preocupante. Entre todos, destaca o traballo elaborado polo Centro de Monitoreo para a Conservación Mundial que, tomando diferentes indicadores (como a apropiación de recursos naturais, o número de especies ameazadas, a cobertura de áreas protexidas, a extensión de bosques tropicais e manglares e o estado dos arrecifes de coral) e a súa evolución desde 1970 até 2006, demostra con obxectividade e cifras o que a observación cotiá e atenta de calquera paisaxe tamén nos debuxa: diminución de especies e razas de distintos grupos de mamíferos e aves, redución da extensión dos bosques e os manglares, deterioración das condicións mariñas e das costas, invasión de especies exóticas competindo coas especies nativas, etc. A análise permitiulle a este centro dependente do PNUMA (Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente) afirmar que "os gobernos non lograrán cumprir a súa promesa de chegar a 2010 cunha redución significativa da perda de diversidade biolóxica". Certamente.

 

Ler máis...

biodiversidade - Share on Ovi

Babault é um reconhecido especialista da biologia das populaçons humanas e a partir dos anos '80, foi um dos primeiros que reflectiu no conceito de 'biodiversidade'. Na sua reflexom junguem-se duas fontes dissociadas: a ecologia naturalista e a ecologia política. O resultado salienta umha evidência nem sempre destacada: 'a nossa existência alicerça nos sistemas vivintes'. Daí a sua cruzada científica contra o medre do PIB como única variável do desenvolvimento e a sua defesa dumha 'cooperaçom' com o tecido vivinte do planeta.

Ler máis...

aquecimento_global - Share on Ovi

A Xunta figura entre as administracións que non toman en serio o urxente desafío da loita contra a mudanza climática, facendo moito máis para aumentar as emisións que para reducilas. O actual Goberno comprometeuse a aprobar antes do remate de 2010 un Programa de Acción contra o Cambio Climático, mais até agora non presentou nin sequera un borrador. Cómpre diminuír as emisións, mais non de forma temporal por efecto da crise, senón de xeito sostido como consecuencia de cambios no modelo de produción e consumo.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel