distracçom massiva - Share on Ovi

Recentemente, Noam Chomsky publicou o que el chamou dez estratexias de manipulación mediática. Dez formas de afastar á poboación da verdade e de adormentala na medida do posible. Quixese, a partir dalgunhas ideas deste decálogo, analizar que información nos chega, maioritariamente, desde os medios de comunicación, a publicidade e a goberno en xeral, acerca da agricultura, a alimentación e, en particular, da fame.

Ler máis...

produtos - Share on Ovi

 A possibilidade de acedermos a umha alimentaçom de qualidade baseada em produtos do País e no mantimento da distribuiçom dos produtos das nossas exploraçons em circuitos onde a especulaçom alimentar fique fora, cada vez é menor.

O regulamento dos produtos caseiros é algo inexistente na Galiza deixando um vazio legal que aproveitam as indústrias e multinacionais para fazerem negocio. Hoje muitos dos produtos caseiros aos quais podemos aceder nom som mais que umha etiqueta de marketing. Dai que achemos nas áreas de distribuiçom de alimentos croquetes caseiras, molhos caseiros e outros pré-cozinhados caseiros (como a laranja caseira, de coca – cola, que aparece na imagem).

Os produtos que realmente som produzidos de umha maneira artesanal ficam reduzidos a mercados elitistas a que só acede umha porcentagem muito pequena da populaçom, que tenhem a renda suficientemente elevada como para poderem investir em alimentaçom e saúde.

As normativas higiénicas e sanitárias som as mesmas para umha pequena produçom que para umha grande indústria alimentar provocando a expulsom de produtos de altíssima qualidade dos mercados e praças tradicionais.

Ler máis...

transgenicos - Share on Ovi

O modelo alimentario do Norte está a esquilmar as terras do Sur. Ofrecémosvos algúns exemplos de alimentos que acabarán por consumir as terras dos países en desenvolvemento para nutrir as neveiras dos países desenvolvidos. As alternativas pasan por recorrer ao consumo de alimentos locais e de tempada, obtidos baixo as pautas da agricultura e a gandaría tradicional, respectuosas co medio e co futuro do planeta.

- Aceite de palma.

- Alimentos quilométricos.

- O salmón.

- Soia transxénica.

- Lagostinos.

Ler máis...

Bio-construçom - Share on Ovi

O presente escrito nace como resposta á crecente deterioración da nosa contorna, nun intento de axudar a desenvolver unha "conciencia global", até o ponto que cada individuo poida sentirse como unha enzima desta célula cósmica chamada Terra, onde todo está tan interrelacionado e é tan interdependente que, inevitabelmente, o noso desenvolvemento como sociedade é froito da suma do desenvolvemento de cada un dos individuos que a compoñen, reflectíndose este no respeito pola nosa contorna tanto no referente ao medio, digamos, físico como con respeito aos seres que o habitan.

Debemos ser conscientes (e é a nosa responsabilidade para coas futuras xeracións) de que todo o que un ser vivo realiza repercute nos demais, de tal maneira que unha acción nunca permanece illada senón que provoca reaccións, tanxibles ou non, a maior ou menor prazo de tempo, en todo o que a rodea, estendéndose o seu efecto do mesmo xeito que as ondas que provoca unha pedra ao caer na auga. Así todas as nosas accións son importantes, inciden no resto dos seres e do planeta e repercuten moito máis alá delas mesmas.

Esta conciencia de que o planeta é a nosa casa e é a nosa responsabilidade coidalo, preservalo e mantelo a el e aos seres que o habitan en óptimas condicións para producir saúde e felicidade, debe ir traslucindo en toda actividade humana.
O acto de construír, de edificar...xera un gran impacto no medio que nos rodea. A Bioconstrucción persegue minimizalo na medida do posíbel axudando a crear un desenvolvemento sustentábel que non esgote o planeta senón que sexa xerador e regulador dos recursos empregados en conseguir un hábitat san, saudábel e en harmonía co resto.

Ler máis...

usura-3 - Share on Ovi

...porque en España creban as persoas. No mundo civilizado, se unha familia deixa de pagar a hipoteca, o banco queda coa casa e a familia queda na rúa; punto e final. É cruel, pero polo menos non é sádico. En España, se unha familia non pode pagar, o banco a desahucia e é entón cando realmente empezan os problemas. A casa vaise, pero a débeda permanece. O banco malvende o piso a través dunha escura poxa, onde varias mafias repártense as talladas, e despois reclama ao hipotecado o que falte por pagar tras a venda. A esa resta entre o prezo do piso en plena burbulla e o saldo dunha poxa hai que sumar os intereses do crédito, os intereses de penalización, os custos xudiciais e as minutas dos avogados.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel