quiz-que-tipo-de-consumidor-voce-e - Share on Ovi

Imaxinen un mercado no que poden encher a cesta da compra con alimentos ecolóxicos e de proximidade, que ademais de ser saudables coiden do medio, axuden a revitalizar o rural e favorezan un sistema no que as relacións comerciais e as condicións laborais sexan máis xustas.

¿Utopía? Non. Consumo consciente ou responsable, unha forma alternativa de encher a cesta da compra que en Galicia xa practican unhas 800 familias… e crecendo. Agrupadas en cooperativas, asociacións ou grupos locais, tentan converter o consumo nunha arma social, demostrando que as decisións que se toman á hora de comprar dotan o usuario dun poder que o leva a influír no mercado.

Ler máis...

logo_fiare - Share on Ovi

O Proxecto Fiare é froito do traballo de persoas cheas de esperanza e con gran espírito creativo e transformador.  Podes formar parte da súa gran base social que permite que medre e se fortaleza. Conta (a 31 de marzo de 2011) coa participación de 9 territoriais (e varias en proceso de constitución), 34 grupos locais, 1 rede sectorial (Coop 57 -  cooperativa de servizos), apoio de 271 organizacións e de 1.786 persoas en todo o estado.  En Galiza xa somos (a 22 de maio de 2011) 20 persoas socias xurídicas e 95 persoas socias físicas.

Ler máis...

transgenicos2 - Share on Ovi

 Quen ouviu falar algunha vez do tomate lámpada, a berenxena branca ou a leituga lingua de boi? Difícil. Trátase de variedades locais e tradicionais que quedaron á marxe das canles habituais de produción, distribución e consumo de alimentos. Variedades en perigo de extinción.
A nosa alimentación actual depende dunhas poucas variedades agrícolas e gandeiras. Tan só cinco variedades de arroz proporcionan o 95% das colleitas nos maiores países produtores e o 96% das vacas de ordeño no Estado español pertencen a unha soa raza, a frisoa-holstein, a máis común a nivel mundial en produción leiteira. Segundo datos da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), un 75% das variedades agrícolas desapareceron ao longo do último século.

Ler máis...

para Zoca - Share on Ovi

Se no Peloponeso Grego abrisen o maior centro comercial europeo, pensaríamos que se volveron tolos ó situalo nunha periferia pobre e pouco poboada. Pero iso mesmo vimos sendo nós: un recuncho afastado con menos de tres millóns de europeos e sen unha grande cidade de referencia. Certo que A Coruña cóntase entre as grandes áreas metropolitanas españolas, pola súa influencia territorial e riqueza. Pero que o maior centro comercial do reino estea aquí soa a arroutada sen medida, como soaba a tal que hai unha década España fachendease de construír case tantas vivendas coma o resto de Europa… Ata que deixou de facelo.

O Marineda non naceu de onte para hoxe e as súas orixes pódense rastrexar na frouxa regulación das implantacións comerciais feita polo goberno galego, o que lles permitiu ás promotoras de grandes superficies decidir á súa conveniencia, pero non necesariamente á do país. Sumando a elo o xeito de entender a cidade polo concello coruñés entre 1983 e 2007, o resultado é que na Coruña viñeron instalarse todas, ó reclamo da área urbana galega con máis pulo.

Ler máis...

peak_oil2 - Share on Ovi

Informático, colaborador de meios comunitários e activista, Manuel Casal Lodeiro centra as suas preocupaçons militantes na crise energética e adverte do iminente crise do petróleo. Desde o seu web vésperadenada, repassa pontualmente todas as notícias que apontam ao devalar do nosso modelo social. Casdeiro falou longamente com galizalivre do movimento decrescentista e respostou algumha das críticas mais duras que se lhe formulam desde a esquerda.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel