A sustentabilidade non é unha alternativa entre outras ao modelo capitalista, hexemónico na actualidade, senón que é a única posibilidade, inexorabelmente, se querermos garantir a nosa supervivencia como especie no longo prazo.

Moi grosso modo falamos de economía sostíbel ou sustentábel cando se dan as condicións para satisfacer as necesidades dunha poboación nun determinado espazo garantindo que as xeracións futuras van poder satisfacer igualmente as súas. Isto significa que esa economía debe ser solidaria inter e intra xeracionalmente, e asegura a súa universalización.

De acordo con isto, unha opción non sustentábel supón que non se garante esa satisfacción de necesidades para o conxunto da humanidade: ou ben garantimos só para as xeración actuais a súa supervivencia pero non ás futuras, ou ben garantímola por un prazo máis prolongado para parte da humanidade actual e os seus descendentes pero sen asegurar que esta poida darse para toda a humanidade no presente e menos no futuro.

Ler máis...

Miquel Porta Serra é doutor en Medicina, catedrático de Saúde Pública das Universidades Autónoma de Barcelona e de Carolina do Norte, e investigador do IMIM. Entre as súas publicacións, ademais dos seus numerosos artigos en prestixiosas revistas científicas internacionais, cabe destacar os seus artigos en El País, Claves, Daphnia e WorldWatch.

Ler máis...

A gran distribución comercial (supermercados, hipermercados, cadeas de desconto) experimentou nos últimos anos un forte proceso de expansión, crecemento e concentración industrial.

As principais compañías de venda ao detalle entraron a formar parte do ranking das maiores multinacionais do planeta e convertéronse nun dos actores máis significativos do proceso de globalización capitalista.

A súa aparición e desenvolvemento cambiou radicalmente o noso xeito de alimentarnos e de consumir, supeditando estas necesidades básicas a unha lóxica mercantil e aos intereses económicos das grandes corporacións do sector. Prodúcese, distribúese e come aquilo que se considera máis rendible, obviar a calidade da nosa alimentación. Aditivos, colorantes e conservantes convertéronse en algo cotián na elaboración do que comemos.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel