O grupo de consumo responsábel Zocamiñoca da Coruña organiza os días 26, 28 e 29 de novembro unhas xornadas tituladas I Xornadas de Consumo Consciente e Responsábel. Terán lugar no Kiosko Alfonso da cidade herculina e pretenden ser o catalizador para crear unha cooperativa de consumo consciente na cidade coruñesa. A asistencia é libre, non é preciso ningunha preinscripción.

   

PROGRAMA

Mércores 26 de novembro
19:30h Presentación das Xornadas.
20:00h Conferencia: A crise mundial de alimentos, que hai detrás dela, que podemos facer ó respecto?, Eric Holtz Giménez*, Director Xeral de Food First, Institute for Food and Development Policy de USA.
*Eric Holtz Giménez, é un gran coñecedor do sistema mundial de produción alimentaria e achegará moitas das claves para entender como se rixe o actual mercado global da alimentación. O centro que dirixe ten como misión poñer fin ás inxustizas que causan fame, pobreza e degradación do medio ambiente en todo o mundo, así como a investigación, análise, promoción e educación para a participación cidadá. Trátase dunha institución que parte das experiencias das comunidades locais e que ten como base a soberanía alimentaria e a defensa dos dereitos humanos.
Venres 28 de novembro
19:30h Proxección de documentais: podemos decidir o que consumimos?


La historia de las cosas (20′) de Annie Leonard. Fai un percorrido polo ciclo de vida de bens e servizos.
Bendito Machine I e II (5′ y 8′),de Jossie Malis. 2007 e 2008, curtas de animación que amosan como a ansia de ter máis pode destruír a galiña dos ovos de ouro.
Tres historias y un vaso de leche (25′) de Pablo Fraguas e Álvaro Pombo. Narra 3 historias sobre os problemas ambientais e sociais a través dun vaso de leite.

20:30h Coloquio
Sábado 29 de novembro
17:00h - 18:15h Mesa Redonda: que son as cooperativas de consumo? Porque cada vez somos máis.
Ramón Rodríguez, Federación de cooperativas Sinerxia
Xan Martínez, A Xoaniña Cooperativa de consumo responsable de Ferrol
18:15h Descanso
18:30h Cara a unha cooperativa de consumo na Coruña: constrúe con nós

Iniciativa Zocamiñoca, Presentación da iniciativa: o que se leva traballado e o que faltaría por facer
- produtos que se poden ter
- produtoras da comarca
- modelo organizativo
- persoas interesadas en participar
20:30h Despedida e peche
Cartaz e panflego das xornadas

Máis info en zocaminhoca(arroba)gmail(punto)com

- Caixa dos correios:: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel