Todas as socias estamos de parabéns xa que logo dun percorrido de sete anos de ilusión e traballo onde as persoas que formamos este proxecto somos as máis importantes, a Consellaría de Traballo, a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia, logo da reunión do xurado celebrada o pasado 2 de xuño, acordou concederlle a  Zocamiñoca o PREMIO AOS VALORES COOPERATIVOS 2015.

A entrega do premio, dotado con 5.000 euros, celebrarase o vindeiro 4 de xullo, Día do Cooperativismo, na Cidade da Cultura.

http://www.cooperativas2015.com/ 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel