https://experienciasfeministas.files.wordpress.com/2016/11/cartel_version_redes_online-01.jpg?w=648

O próximo sábado celébrase a primeira edición de Laborando, Feira de Proxectos de Vida Feministas que, con máis de 60 expositoras e máis dunha decena de obradoiros de balde, está chamada a ser a maior feira de proxectos da perspectiva feminista, de igualdade de xénero e contra as violencias machistas da Galiza. O obxectivo principal é, co gallo do 25N, Día Internacional contra as violencias machistas, enfrentar un tipo de violencia a miúdo invisible: a económica.

O evento, que será o próximo 26 de novembro no mercado de San Agostiño da Coruña, está organizado polo colectivo Experiencias Feministas, amadriñado pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, e conta coa colaboración do Concello e Concellería de Igualdade e Diversidade, da Área de Igualdade da Deputación da Coruña, da Asociación Galega de Artesáns e a Livraria Suévia.

Haberá un programa contínuo das 11:00 ás 22:00 con exposición de proxectos, obradoiros, espazo literario, galería de artístas, proxeccións, e mais sorpresas.

Esta é unha grade oportunidade para coñecer ideas e alternativas laborais, sociais e de crecemento persoal cara a construcción dunha sociedade mais dinámica e igualitaria. Se tes interés no tema ou simple curiosidade non dubides en achegarte o sábado á feira.

Programa Laborando


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel