cartazxornada

O modelo económico dominante non ten solucionado os graves problemas aos que nos enfrontamos, senón que máis ben os ten agravado. Trátase dun modelo económico baseado na maximización do beneficio, a acumulación de capital e incrementando as desigualdades a nivel social, como a nivel ambiental, xerando a sobreexplotación dos recursos naturais e poñendo en grave perigo a sustentabilidade do planeta. Diante das limitacións deste modelo, xurden modelos alternativos como a Economía Social, a Economía Solidaria, a Economía do Ben Común, a Economía Colaborativa, etc..

Poden ser estas novas economías unha alternativa real ao modelo dominante? Cal é a realidade empresarial destes modelos? Que papel podan xogar no emprego e nas condicións laborais das persoas? Qué entidades forman parte? Cales son os seus principios reguladores? Existen casos exitosos que podan servir de exemplo?. Na Xornada: “Oportunidades de emprego a través da Economía Social e as Novas Economías” organizado por UGACOTA, este venres 16 de Decembro, no centro cívico dos Mallos  tratarase de reflexionar en común arredor destas cuestións e coñecer casos reais que contribúan a difundir boas prácticas.

Podes consultar o programa e inscribirte no seminario na seguinte ligazón: http://seminario.ugacota.coop/


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel