Máis dunha veintena de proxectos participarán na FEIRA DE ECONOMÍA SOCIAL os días 29 e 30 de setembro no Campo da Leña (Praza de España).
A partir do venres 29 de setembro ás 17 h. a Feira estará aberta e contará con distintos espazos:
- Ágora : espazo informativo, con actividades divulgativas e profesionais
- Entidades expositoras nos sectores : Cultura – Servizos – Alimentación – Construcción – Consumo – Asociacións solidarias
- Charlas sobre cooperativismo, comercio xusto, consumo responsable, economía social, cláusulas sociais…
- Documentais
- Actuacións lúdicas
- Espazo infantil : xogos, modelaxe, elaboración de queixos, moda sostible…
Pódese consultar o programa na seguinte ligazón: Programa Feira Social