cartazgarbancita

Manifesto realizado polo consello reitor da cooperativa A garbancita ecológica, campaña do día internacional para a alimentación Agroecolóxica 2017

O (des)Orde Alimentaria Internacional está rexido pola Industrialización, Mercantilización e Globalización dos alimentos. Cousas que na súa natureza non son mercadorías como a fertilidade da terra, a auga, o aire, a biodiversidade, as sementes, o traballo, a saúde, a sabedoría campesiña, a cultura alimentaria dos pobos e o benestar humano, son tratadas  como mercadorías e sometidas ao beneficio privado de grandes corporacións mercantís, mesmo coa axuda de Institucións, Leis e Políticas que aparentan defendelas.

Esta desorde alimentaria produce mercadorías para os mercados internacionais en lugar de alimentos para os pobos.  Converte a l@s campesin@s en empresari@s agrícolas dependentes de subvencións que premian a contaminación e a destrución de recursos ecolóxico-alimentarios autóctonos en prol dunha irracionalidad competitiva nunha fuxida cara a adiante destruíndoo todo.

A alimentación globalizada, enteiramente capitalista, resplandece dunha triunfal calamidade. A utilización demagóxica dos incrementos na produción de alimentos debidos á "Revolución Verde" oculta os verdadeiros resultados da industrialización agroalimentaria: a) un irredutible 15% da poboación mundial  desnutrida por falta de alimentos e unha maioría de poboación nos países desenvolvidos malnutrida por exceso e toxicidade da alimentación procesada e pola crecente dificultade de acceso a unha alimentación saudable, fresca, de tempada e proximidade; b) redución da biodiversidade, erosión e empobrecimiento dos chans e contaminación dos ecosistemas; c) crecemento das enfermidades alimentarias (obesidade, diabetes, cardiopatías, enfermidades autoinmunes, cancro, etc.); d) destrución de emprego rural, vaciamiento do campo e migracións forzosas; e) desaparición da cultura campesiña; f) substitución da dieta mediterránea de tempada abundante en froitas, verduras, cereais integrais e legumes por outra globalizada con exceso de carne, fariñas e azucres refinados, graxas trans; g) externalización dos custos naturais, sociais, territoriais e culturais dos seus alimentos baratos e insanos, cargándoos á saúde da poboación, o equilibrio territorial, o medio ambiente e o erario público; h) imposibilidade de aplicar o Principio de Precaución, a Seguridade Alimentaria dos ciudadan@s e a Soberanía Alimentaria dos pobos.

Crece a pegada ecolóxica: déficit entre recursos naturais consumidos polo modelo alimentario dominante e capacidade da natureza para repolos. E tamén a brecha metabólica: co despoboamento do campo e o crecemento urbano aumenta a distancia entre produción e consumo de alimentos. Millóns de persoas consomen alimentos que veñen de moi lonxe co consecuente aumento do transporte, gasto de combustibles fósiles e produción de gases de efecto invernadoiro que fomentan o cambio e a radicalización dos fenómenos climáticos. Simultaneamente, excretan feces e producen residuos nun mesmo territorio que, ao non separarse debidamente, impiden o aproveitamento de restos orgánicos para a súa compostaxe e fertilización do chan.  Este modelo dificulta o peche do circuíto materia-enerxía na actividade agraria e imposibilita a economía circular baseada en reducir, reutilizar, reciclar e non incinerar.

Fronte aos danos deste sistema álzase a Agroecoloxía como un modelo de alimentación sustentable, saudable e respectuoso coa natureza, as identidades culturais, os dereitos humanos e a igualdade de xénero. Podemos definir a Agroecoloxía como un modo de produción agrosilvopascicultural que practica  técnicas agronómicas ecolóxicas e ten en conta o territorio, a biodiversidade, a cultura campesiña, o emprego, os circuítos curtos de comercialización e consumo e a responsabilidade compartida entre o campo e a cidade.

O Sistema Alimentario é un proceso global no que cada eslabón forma parte dunha única cadea na que desempeña o dobre papel de premisa do eslabón seguinte e resultado do  anterior. Non se pode falar de Agroecoloxía aludindo só á produción de alimentos e reducíndoa a técnicas agronómicas sustentables. Simétricamente, tampouco se pode falar de Consumo Responsable sen contar cunha Produción Agroecolóxica, que é algo máis que Agricultura Ecolóxica (conxunto de técnicas e manejos agronómicos que exclúen transxénicos e química de síntese, contan cos coñecementos campesiños tradicionais e cumpren unhas normas de certificación oficial).

A Alimentación industrial e o Consumo irresponsable han crecido á conta da Agroecoloxía campesiña e os modelos alimentarios tradicionais de distribución e consumo. A verdadeira alimentación sustentable, saudable, xusta e solidaria é a Alimentación Agroecolóxica que, ademais dos atributos da Agricultura Ecolóxica incorpora outras determinacións:  tempada, proximidade, cultivo en terra fértil respectando a biodiversidade e o patrimonio bioxenético, recolección coa máxima vitalidade no seu punto óptimo de maduración, igualdade entre homes e mulleres, emprego digno e canles apropiadas de distribución.

O consumo responsable debe apostar pola Agroecología fronte á Agricultura convencional pero tamén ante unha Agricultura Ecolóxica cada vez máis penetrada polas mesmas multinacionais da Agricultura Industrial e a distribución globalizada. Para iso hai que distinguir entre valor dos alimentos (as súas propiedades nutritivas, ecolóxicas, económicas, territoriais, sociais, culturais e éticas) e prezo (expresión monetaria da mercadoría alimentaria). O prezo xusto debe ser para todos os eslabons da cadea de alimentación agroecolóxica: consumidor@s, productor@s, transformador@s, artesan@s, logistas e transportistas. A Alimentación Agroecolóxica non compite en prezo sino en valores: calidade, cantidade, variedade, biodiversidade, vitalidade, nutrición, coidados, confianza, cooperación, lealdade, innovación, emprendemento e servizo.

O emprendemento social agroecolóxico debe manterse o máis lonxe posible de favores procedentes dos poderes político-económicos e as súas fundacións. A maior forza produtiva da Alimentación Agroecolóxica é a educación, a participación e a cooperación dos seus actores principais. A Educación Alimentaria Agroecológixa, sobre todo na escola, é a principal ferramenta para abrirnos camiño en prol da seguridade e a soberanía alimentaria. Sen cultura alimentaria e nutricional non podemos entender a necesidade dunha verdadeira alimentación agroecológica e asumir as tarefas consecuentes.


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel