cartazxornada

O modelo económico dominante non ten solucionado os graves problemas aos que nos enfrontamos, senón que máis ben os ten agravado. Trátase dun modelo económico baseado na maximización do beneficio, a acumulación de capital e incrementando as desigualdades a nivel social, como a nivel ambiental, xerando a sobreexplotación dos recursos naturais e poñendo en grave perigo a sustentabilidade do planeta. Diante das limitacións deste modelo, xurden modelos alternativos como a Economía Social, a Economía Solidaria, a Economía do Ben Común, a Economía Colaborativa, etc..

Poden ser estas novas economías unha alternativa real ao modelo dominante? Cal é a realidade empresarial destes modelos? Que papel podan xogar no emprego e nas condicións laborais das persoas? Qué entidades forman parte? Cales son os seus principios reguladores? Existen casos exitosos que podan servir de exemplo?. Na Xornada: “Oportunidades de emprego a través da Economía Social e as Novas Economías” organizado por UGACOTA, este venres 16 de Decembro, no centro cívico dos Mallos  tratarase de reflexionar en común arredor destas cuestións e coñecer casos reais que contribúan a difundir boas prácticas.

Podes consultar o programa e inscribirte no seminario na seguinte ligazón: http://seminario.ugacota.coop/

https://experienciasfeministas.files.wordpress.com/2016/11/cartel_version_redes_online-01.jpg?w=648

O próximo sábado celébrase a primeira edición de Laborando, Feira de Proxectos de Vida Feministas que, con máis de 60 expositoras e máis dunha decena de obradoiros de balde, está chamada a ser a maior feira de proxectos da perspectiva feminista, de igualdade de xénero e contra as violencias machistas da Galiza. O obxectivo principal é, co gallo do 25N, Día Internacional contra as violencias machistas, enfrentar un tipo de violencia a miúdo invisible: a económica.

O evento, que será o próximo 26 de novembro no mercado de San Agostiño da Coruña, está organizado polo colectivo Experiencias Feministas, amadriñado pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, e conta coa colaboración do Concello e Concellería de Igualdade e Diversidade, da Área de Igualdade da Deputación da Coruña, da Asociación Galega de Artesáns e a Livraria Suévia.

Haberá un programa contínuo das 11:00 ás 22:00 con exposición de proxectos, obradoiros, espazo literario, galería de artístas, proxeccións, e mais sorpresas.

Esta é unha grade oportunidade para coñecer ideas e alternativas laborais, sociais e de crecemento persoal cara a construcción dunha sociedade mais dinámica e igualitaria. Se tes interés no tema ou simple curiosidade non dubides en achegarte o sábado á feira.

Programa Laborando

cartazdiamundial2016

Como cada ano, desde 2011,  La Garbancita Ecológica e outros colectivos amigos para o 16 de outubro, Dia Mundial da Alimentación Agroecolóxica organizan unha campaña cun manifesto que fortalece o traballo que, cada día, facemos no Consumo Responsable Agroecológico, a Educación Alimentaria, a loita contra a Obesidad Infantil, a Saúde e a Agroecología. Este ano ademais, concorre a conmemoración do Ano Internacional das Legumes.

Para consutar o manifesto cliquea AQUI

Para adhesións ou para enviar achegas á campaña das entidades adheridas escribir a  lacestabasica(aroba)lagarbancitaecologica.org

 

 

 

cartazencontrotransicionbetanzos

 

 A asociación Véspera de Nada  apoiada pola Red de Transición e outros colectivos afíns organiza o Encontro de Iniciativas de Decrecemento e Transición  en Betanzos que comezará o sábado 29 de outubro pola mañá e finalizará o luns 31 pola tarde , no que se agarda participarán iniciativas e persoas tanto do Estado español como de Portugal.

Pódese consultar o programa na seguinte ligazón:

https://transiciondecrecimiento2016.wordpress.com/programa/

 

outonoenresistenciacartaz

As organizacións da sociedade civil, sindicais, campesiñas e políticas, novas, mulleres e homes  de todo o mundo convocamos un outono en resistencia para esixir a suspensión dos mal chamados acordos de libre comercio e investimentos, como o acordo entre a Unión Europea e Canadá, chamado CETA, como o xa coñecido TTIP que se negocia con EEUU, ou como o aínda ignoto TISA. Estamos convencidas de que para promover unha sociedade igualitaria e respetuosa dos dereitos das persoas e o medio ambiente é imprescindible reformular o sistema de comercio global que, a día de hoxe, únicamente favorece a concentración dos beneficios e do poder en mans de grandes multinacionais.
Algúns Estados membros sitúanse en contra do CETA, cabalo de Troya do TTIP, con todo, a Comisión Europea e outros Estados membros están empuxando forte para que o tratado se firme canto antes. O goberno , aínda en funcións, empéñase en embarcarnos sen debate e con premura nun tratado tan daniño como o CETA.
Este outono mobilizámonos nos cinco continentes. É un outono de resistencia con propostas dun modelo económico diferente e máis xusto.

DIGO NON ao CETA por:

  • porque non quero que empresas multinacionais teñan a capacidade de influír sobre a lexislación europea.
  • pola falta de transparencia e información á cidadanía.
  • porque non quero que as empresas teñan dereito a demandar á UE sobre leises que protexen ás persoas e o medio ambiente.
  • porque non quero que as ameazas dos inversionistas comprometan o cumprimento das lexislacións de interés público.
  • porque non garante a seguridade alimentaria, o medio ambiente e o consumidor.
  • porque empeorará as condicións laboráis e ambientais.
  • porque a UE non poderá cumplir o Acordo de París sobre o cambio climático debido ás presións das compañías de petróleo e gas.
  • porque aposta por unha agricultura e gandería intensiva, dependente do petróleo.
  • porque non protexe aos pequenos agricultores e gandeiros.
  • porque elimina normativas que protexen á cidadanía europea dos alimentos derivados de OGM.
  • porque non quero a privatización de servizos básicos como auga, enerxía, escolas e hospitais.
  • porque según expertos legais o tratado é incompatible con dereito europeo.
  • porque non teñen ningún mecanismo de sanción para as violacións das disposicións laboráis e ambientais.

Fonte: https://stop-ttip.org/es/cetacheck/?noredirect=es_ES

DIGO NON AO TTIP por

  • porque se eliminarían criterios de sostenibilidade na contratación pública que fomentarían a desigualdade.
  • porque moitas competencias municipais veríanse ameazadas.
  • porque non quero que os plans urbanísticos da miña cidade veña marcado polas multinacionais.
  • porque non quero perder a capacidade de xestión dos nosos recursos.
  • porque non regula as sustancias químicas tóxicas que están presentes na nosa vida cotiá.
  • Porque non aporta análises de risco sobre a das 60.000 sustancias comercializadas.
  • porque non se requiren informes de efectos dos novos productos químicos.
  • porque elimina o principio de precaución.
  • porque a educación e a sanidade non pode quedar en mans do mercado.
  • porqueimpulsa a acaparación dos recursos naturais: auga, terra, sementes,sabiduría.
  • porque elimina a protección para as denominacións de orixe.
  • porque non queremos alimentos con OGM.
  • porque significaría perda de dereitos laboráis e sociais para as mulleres.

Fonte: https://www.ecologistasenaccion.org/IMG/pdf/informe-ttip-local.pdf

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel