No te consumas

"¡No te consumas!", de Xucrut Teatre, visita Galicia. Reirás mentres reflexionas sobre o ritmo ao que vivimos, as nosas prioridades, valores e o noso consumo. A obra trata de reflexionar sobre os nosos tempos e ritmos, a relación coas nosas decisións, prioridades, valores e, por que non?, os nosos consumos. O vehículo son as vidas paralelas de Lucía, Manel y Nuria e o seu intenso Tic, Tac.

  • 15 de marzo, na Coruña. Forum Metropolitano (r/ Río Monelos, s/n).
  • 16 de marzo, en Ourense. Teatro Principal (r/ Da Paz, nº 9).
  • 17 de marzo, en Pontevedra. Teatro Principal (r/ San Paio Gomez Chariño, s/n).

O horario para os tres días é o seguinte: ás 11:30h para escolares e ás 20:00h para público en xeral.

Fonte: Xucrut Teatre na revista Opcions

Este venres 12 de marzo, na Fundación Caixanova (avenida da mariña, s/n) haberá dúas charlas moi intresantes:

- De 18h a 20h: Bioconstrución, por Juan Bello.

- De 20h a 22h: Enerxía nuclear, a solución ou o problema?, por Jorge Riechmann.

reciclagem - Share on Ovi

Nun inicio de 2010 especialmente frío, a firma sueca H&M e a cadea de distribución estadounidense Wal-Mart víronse obrigadas a xustificarse diante da publicación dun artigo comprometido no NY Times. Unha estudante de traballo social atopou unha chea de roupa no lixo da rúa 35, moi perto dos establecementos comerciais que as dúas grandes empresas teñen en Manhattan e deuno a coñecer ao popular diario. As pezas atopadas resultaron ser artigos non vendidos que se romperan de xeito que non poideran ser utilizados ou recuperados dos colectores.

Estudantes, prensa e entidades benéficas xa amosaron a súa indignación. Incluso os "fans de H&M" en Facebook -que son case un millón e medio- amosaron o seu descontento e pediron explicacións á marca de moda. Nunha cidade onde un terzo da poboación padece penurias económicas e onde cada ano a friaxe mata a un bo número de persoas sen fogar, a destrución da roupa non vendida resultou indignante por moita xente.

Ler máis...

Fiare - Share on Ovi
 O vindeiro sabado 16 de xaneiro celébranse os actos de constitución do proxecto FIARE GZ no colexio La Salle en Santiago de Compostela. Pola mañá 10.00 celebrarase a Asamblea Constituinte e actos de información dirixidos a asociacións  e membros da prensa. Logo pola tarde sobre as 16.00 haberá un acto aberto de formación, no que participará o director de fiare.

A orde de dos actos é a seguinte:
  • 10.00 Acto de constitución (Colexio La Salle).
  • 12.45 Rolda de prensa (Galería Sargadelos).
  • 14.00 Xantar compartido (Colexio La Salle).
  • 16.00 Charla aberta (dirixido a calquera persoa ou colectivo)(Colexio La Salle)

O proxecto Fiare Gz nace despois de varios encontros con responsables de Fiare promovidos por AIS “O Peto”. As asociacións comprometidas a finais de 2009 son: ADEGA, AIS “O Peto”, Altermundo, ARELA, Asociación Amarante, Colexio La Salle-Santiago, Coordinadora Galega de ONG's para o Desenvolvemento, Enxeñería sen Fronteiras, Fundación Taller deSolidariedade, Panxea, unha asociación vinculada á Parroquia Inmaculado Corazón de María de Vigo, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional, Verdegaia.
Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel