"No tema da auga existen dúas posturas. Hai unha que eu cualificaría de extrema, que é a que representan as ONG que din que o acceso á auga debería ser un dereito público. Noutras palabras, todo ser humano debería ter acceso á auga. É unha postura extrema. A outra é considerar a auga como un produto alimenticio e polo tanto cun prezo", Peter Brabeck, presidente de Nestlé, en Nós alimentamos ao mundo.

torneira2 - Share on Ovi

A auga é un ben público, ou polo menos en teoría. Nun contexto de seca, esgotamento dos humidais e desertización avanzada, no Estado español segue vixente unha lei franquista que entrega ás engarrafadoras o acceso aos mananciais de auga para que a comercialicen con enormes marxes de beneficios. Un modelo de negocio boiante en todo o mundo. En 40 anos a cifra de garrafas de auga vendidas ascendeu de mil millóns de litros a 190.000 millóns.
Este ano por primeira vez secouse o río Cambrones, na Serra de Guadarrama. A seca ten que ver, pero a captación de 50 litros por segundo de auga feita por Bezoya (Pascual) é a principal causa, segundo os veciños. Agora, o pantano do Pontón Alto, que recolle as augas do Cambrones e o Eresma para abastecer a Segovia e a varios municipios próximos, está seco. A auga fede e a xente compra auga engarrafada por medo. Se a marca que adquiren é Bezoya, están a consumir a auga que lles foi subtraída pola multinacional uns quilómetros antes, recollida directamente do manancial. Pero cunha diferenza, por cada metro cúbico (mil litros), pagaban ao seu concello uns 30 céntimos de euro; agora, cada litro de auga engarrafada custaralles perto de 0,30 euros. Pagarán a Bezoya mil veces máis por un recurso público. A Xunta de Castela e León e o Concello de Trescasas regalaron ao grupo Pascual o manancial por 30 anos.
Esta multinacional repite a mesma operación noutro lado da serra, no municipio segoviano de Ortigosa del Monte, desde hai máis de 35 anos, con outra planta envasadora e un caudal máximo concedido de 750 millóns de litros/ano. O río Milanillos sécase catro meses ao ano. Situacións idénticas repítense en todo o Estado español.

Ler máis...

Millo e Landras, é dicir, Marta e Víctor, as nosas produtoras de Vilasantar, recibiron recentemente a visita da radio. Unha entrevista de oito minutos que podedes escoitar no seguinte enlace:

http://chirb.it/hegCxa

A loita contra a mudanza climática está moi pouco presente na axenda social e política de Galicia, mesmo na dos movementos sociais alternativos, aínda que, nalgúns casos comézanse a vincular loitas locais coas alteracións climáticas.

Segundo recentes informes científicos quedan poucos anos para actuar de cara a evitar unha mudanza climática de consecuencias catastróficas. Galicia é parte da crise climática global e debe asumir a súa responsabilidade na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, apostando por unha economía baixa en carbono, sustentable e xusta.

Para contribuír a fortalecer a resposta política e social ao desafío do cambio climático nace a Alianza Galega polo Clima. A alianza está aberta a calquera organización social interesada en sumar forzas nesta loita…porque é tempo de actuar!

Visita a súa web: Alianza Galega polo Clima

O vindeiro sábado 19 de decembro o barrio dos Rosales acollerá a primeira edición da feira de produtos ecolóxica "Mercanatura", iniciativa coa que se busca non só fomentar o autoconsumo no barrio senón tamén atraer novos clientes procedentes de fóra do barrio ou mesmo animar a outros comerciantes e profesionais a instalarse nesta zona da cidade.

Este mercado celebrarase todos os terceiros sábados de cada mes en horario será de 10.00 a 15.00 horas podendo ampliar até as 21.00 horas no verán e ocasións especiais. Os postos estarán situados na rúa Alcalde Suárez Ferrín baixo os soportais.

Fonte: Concello da Coruña - O barrio dos Rosais acollerá a primeira feira de produtos ecolóxicos "Mercanatura"

mercado_transparencia

Este venres 20 de novembro o Sindicato Labrego Galego (SLG) levará a cabo, en diferentes puntos de Galicia, un mercado da transparencia, onde darase conta á cidadanía dos prezos cobrados polo sector produtor en comparación cos importes presentes arestora no mercado. Dita acción atópase enmarcada na convocatoria de mobilizacións a prol da modificación das actuais políticas agrarias, en demanda de prezos mínimos e regulación das marxes comerciais, que terá lugar en todo o estado español.

A convocatoria na Coruña é: venres 20 de novembro, de 10h a 14h, no Obelisco. Podes consultar a páxina do SLG para coñecer outras convocatorias.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel