O pasado 1 de Novembro, o programa labranza da TVG emitiu unha interesante reportaxe sobre o proxecto Amorodo. O proxecto Amorodo é unha iniciativa dos concellos de Ames, Rois, Dodro e Brión para a promoción da agricultura sustentábel. A fase inicial do proxecto ten unha duración prevista de tres anos, ao final dos cales deixará de ter financiamento público e funcionará como unha sociedade independente.

 

 

Ler máis...

corcerizas

Amigos da Terra presente en As Corcerizas o Seminario: "O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable". As Corcerizas é un centro de educación ambiental pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables, tratamento alternativo de residuos e no ámbito da bioconstrucción.

Dentro da parte I do seminario está programada unha mesa redonda de grupos de consumo responsable e consciente. Ainda que se vai facer a exposición de 3 experiencias, sempre serán interesantes e enriquecedoras as aportacións desde as participantes.

Ler máis...

casadealba

Datas: venres 11, sábado 12 e domingo 13 de decembro de 2009.
Prezo: 110€ por persoa (inclúe curso, 2 noites de aloxamento e pensión completa).
Lugar de celebración: La Casa del Alba. Santiso, 13 - 27579 Antas de Ulla (Lugo). Teléfono: 982 379 553 - 661 356 151 (www.lacasadelalba.org).
Impartido por: Eugenio García González. Odontólogo. Editor da páxina de cocina vexetariana "La cocina delokos" (www.delokos.org).

Obxectivos: En este curso teórico práctico, de tres sesións, aprenderemos tanto a organizar a nosa cociña, despensa e recursos, como a preparar receitas ovolacto vexetarianas, para persoas que traballan e/ou dispoñen de pouco tempo a diario para cociñar. Introducirémonos en pratos que se poden preparar con antelación para gardar e/ou conxelar, conservas caseiras, cociña rápida en menos de quince minutos, utilización de conservas na cociña, alimentarnos
sen exceso de frituras, e todo o que nos poda facilitar estas tarefas.

Ler máis...

terractiva

O 17 e 18 de outubro celebrarase en Arzúa o Festival Terr@ctiva 2009. Un importante evento que inclúe cursos de formación (formaterra), exposicións de produtos (feiractiva), obradoiros, exposicións, sección de denuncias, charlas, demostracións, teatro, concertos, actividades lúdica, etc. Agricultura biolóxica, bioconstrucción, alimentos naturais, terapias alternativas ou artesanía, aquí atoparás todo tipo de actividades relacionadas co mediambiente, a ecoloxía e a biodiversidade.

Para información máis detallada ou reservar praza nos cursos formaterra, visita www.terractiva.org.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel