radio

Durante a semana seguinte á realización da asemblea constituínte da nosa cooperativa, o programa da Radio Galega "O tren do serán" realizounos unha entrevista. Un bo repaso sobre o que somos e cara onde imos. Se non tiveches a oportunidade de escoitala en directo, aquí vai:

http://chirb.it/G3cHEg

la casa del alba

 Do 9 ao 12 de outubro, a casa rural situada nas Antas do Ulla (Lugo) "La Casa del Alba", celebra un curso de cociña vexetariana. O prezo (incluído curso, aloxamento e pensión completa) é de 150 euros. O curso será impartido por Eugenio García González.

A información sobre os obxectivos do curso, o programa completo e como inscribirse podedes atopala aquí: Curso práctico de cocina vegetariana (La Casa de Alba)

A proximidade é un dos piares fundamentais da cooperativa: relacións próximas entre produtoras e consumidoras e tamén proximidade entre o lugar onde se producen os alimentos e onde se consumen. Se queres saber de onde veñen os alimentos da cooperativa bótalle un ollo ao novo mapa de produtoras.

Mapa de produtoras

 

 

 

O mapa estará sempre dispoñible e actualizado nesta mesma páxina, na sección de "Produtores".

O pasado mes de agosto o grupo de traballo de produtoras visitou, en Cangas,a Alberte, o responsable da cervexa galega artesá "Menduiña".
Alberte contounos como coñeceu o proceso de elaboración da cervexa na súa estancia en Arxentina, onde esta actividade está moi desenvolvida, e como foi a idea de recuperar, na Galiza, esta tradición esquecida a favor da cultura mediterránea do viño.

 

Logo Menduiña

 

 A Menduiña está elaborada artesanalmente, sen aditivos, conservantes nin extractos, de acordo a idea de crear un produto de alta calidade. Alberte comunicounos a súa inquedanza por realizar a cervexa a partires de produtos galegos e mesmo está a barallar a viabilidade de xestionar a súa propia plantación de lúpulo.

A Menduiña conta con tres variedades: loira, torrada e negra, que distribúe en botellas de 33cl. Eventualmente, Alberte realiza tiradas especiais de cervexas con diferentes sabores (mel, loureiro, castañas,...).

A producción da Menduiña aínda é pequena, mais xa está en marcha a idea dunha pequena fábrica en Cangas. Esperemos que o proxecto vaia para adiante e iniciativas como a de Alberte teñan éxito.

Saímos na prensa! E como "El Ideal Gallego" non garda o histórico dos seus artigos na web, aquí vai a transcrición completa dun artigo sobre a nosa cooperativa do martes 8 de setembro de 2009:

“A cooperativa xorde para que poidas controlar o que consumes”

La globalización y los intereses de las grandes empresas hacen que a veces no estemos seguros de la procedencia y calidad de los productos que consumimos. Por eso, en la cooperativa de consumo responsable Zocamiñoca apuestan por la relación directa con los productores de los alimentos.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel