primeiro_pedido_fresco

O primeiro pedido de zocamiñoca xa é historia. As primeiras verduriñas e froita fresca ateigaron a Sala do Trinke, lugar habitual de ensaios teatrais, que se converteu por un par de días nun inesperado espazo de distribución e de convivencia entre todas nós.

Os produtos tiñan unha pinta magnífica, e as cousas saíron razoablemente ben (é certo iso de que os comezos nunca foron fáciles...), pero esperamos que no futuro podamos ir mellorando os pequenos desaxustes dos que vaiamos sendo conscientes. Graciñas a todas pola vosa participación e boa sintonía.

Agora toca cociñar e probar! Todo o mundo a comentar que lle pareceu este primeiro pedido: que tal o aspecto, o sabor, a variedade, o funcionamento en xeral, etc.

Aquí van algunhas fotos:

Fotos con visualizador en flash

Fotos


Venres 17 de xuño ás 21:30h no Centro Social Gomes Gaioso (rúa Marconi, 9 - Atochas-Montealto) terá lugar unha charla-coloquio sobre agricultura ecolóxica e consumo responsável. Contará coa participación de:
  • Daniel Sanmartín, enxeñeiro técnico agrícola de "Traditerra, soc. cooperativa adicada á produción ecolóxica de alimentos.
  • Marcial Blanco, de "Zocamiñoca, cooperativa de consumo responsável na Coruña.
  • Xan Martínez, de "A Xoaniña, cooperativa de consumo responsável en Ferrol.

Chámanlles marcas brancas, mais só disfrazan de alba cor, de enganosa pureza, o mouro futuro do noso campesiñado, que en dúas décadas viu como o 90% das explotacións gandeiras eran exterminadas por un libre comercio que nada ten que ver coa liberdade. Porén, son marcas negras, escuras coma o chapapote, marcas tinguidas de especulación, instrumentos de enfermiza acumulación capitalista creadas á conta da suor labrega, que baixo a ditadura da distribución alimentar serven de reclamo, ese enganar ao animal tan frecuente na mal chamada arte da cazaría. Da morte.

gandeiros - Share on OviDeste xeito cazan ás nosas familias, que especialmente en tempos de crise procuran prezos baixos, malia que con iso se perda calidade.

Así as mergullan no consumo compulsivo en grandes superficies, formigueiros de cobiza que non comercian con persoas, senón con consumidores. Disque cada minuto nun Carrefour ou nun Alcampo somos bombardeados con até 3.000 estímulos comerciais. Si, bombardeados coma nunha guerra, a dos prezos, na que só sae perdendo quen produce o alimento. Este produto barato abaixo, este caro xusto enriba. Este no corredor máis frecuentado, este a carón da caixa e estoutro dámosllo a probar a ver se pican. Os parviños van levar moito máis do que precisan.

Ler máis...

cartaz_feira_alim_final - Share on OviBaixo a denominación de 'Consumo consciente: da horta á mesa' a Asociación de Veciños Monte-Alto da Coruña organiza entre o 24 e o 26 de xuño varias charlas e obradoiros para dar a coñecer as alternativas de consumo respectuosas co medio ambiente. 

O local veciñal será o lugar no que se desenvolva a charla sobre 'Dereitos e deberes do/a consumidor/a' o 24 de xuño ás 18:00 horas a cargo de persoal da Omic  (Oficina Municipal de Información ao Consumidor). Esta actividade rematará cun obradoiro no que se porán en práctica algunhas das premisas comentadas durante a conferencia.

O mércores 25 de xuño, ás 19:30 horas, persoal da Omic desenvolverá o obradoiro 'Consumo e medio ambiente', ao que lle sucederá a conferencia 'Cultivo ecolóxico', a cargo do produtor Antón Sánchez García, a partir das 20:30 horas.

O venres 26, o programa destas xornadas achega ata o local da Asociación de Veciños Monte-Alto dúas charlas: 'Soberanía alimentar', a cargo da activista da Marcha Mundial das Mulleres, Isabel Villalta, programada para as 18:00 horas, e 'Transxénicos', na que falará Charo Sánchez Parga, produtora ecolóxica e integrante da Plataforma Antitransxénicos, a partir das 19:00 horas.

A semana adicada ao consumo consciente remata este sábado cunha feira de produtos da terra no Campo de Marte na que haberá obradoiros para os cativos, venda de produtos ecolóxicos de produtores da comarca e unha mostra de cociña solar e xantador.

Fonte:  A Nosa Terra

Nestes días, e de modo recorrente desde hai anos, o leite está de actualidade polos protestos d@s gandeir@s a causa dos baixos prezos que as empresas transformadoras lles pagan.
Qué debemos ter a conta para un consumo responsábel de leite? Son muitos os elementos en xogo, sociais, ambientais, económicos, políticos...: a PAC (Política Agraria Común), o modo de produción, a transformación, a comercialización, os prezos, os resíduos, o ben-estar animal... e a nosa nutrición...
Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel