O sábado 30 de maio, entre as 11:00 e as 14:00 horas, tivo lugar no Centro Sociocultural O Castiñeiriño de Santiago de Compostela a Asemblea Constituínte de Coop57 Galicia, unha nova cooperativa de servizos financeiros que nace co fin de fomentar o aforro solidario e o investimento ético para desenvolver proxectos de economía social e solidaria.

Para coñecer toda a información e fotos do evento, visitade o blog: http://coop57galicia.blogspot.com

O próximo 30 de Maio celebrarase en Santiago de Compostela a Asemblea Constituinte de Coop57 Galicia, Sección Territorial da cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios Coop57. Esta iniciativa será constituida por 17 organizacións da economía social e solidária de Galiza, e supón o nacemento do primeiro proxecto de Banca Ética en Galicia.

1. Organizacións Constituintes de Coop57 Galicia (17) - Sócias de Servizos

- Cooperativas (12) : Pegadas; Arbore; A Xoaniña; Milhulloa; Teixugo; Andaina; Xedega; Cidadania; Equal; Ardora; Intergal; Fungo.
- Asociacións de Cooperativas (4) : Ugacota; Eixo; Ucetag; Sinerxia
- Outras asociacións (1) : AES Briante

2. Organizacións interesadas no Proceso Constituinte de Coop57 Galicia (19)

- Cooperativas (11) : Eirado; Como Cabras; Zocamiñoca; San Martín de Moreira; Coperactiva; Tagen Ata; Promundos; Ria de Arosa; Coop.Servizos de Redeiras; Ace Cinco; Colexio Mendiño.
- Asociacións (7) : Amarante; Semente; A Cova da Terra; Coordinadora Galega de ONG’s; Federación Galega de Redeiras "O Peirao"; Federación de Mulleres Rurais Mestura; Verdegaia
- Outras empresas de economia social (1) : Daveiga SLL

Para quen estea interesada, aquí vai un pdf con toda a info da asemblea: Convocatoria de Asemblea Constituínte de Coop57 Galicia

As persoas de zocamiñoca que desexen acudir de oíntes en representación da nosa cooperativa, por favor, enviade un mail a: 

A fin de semana de primeiros de maio, un grupo de integrantes da nosa cooperativa participaron nunhas xornadas de voluntariado (ou mellor dito, de intercambio) en Quilmas. Un potente proxecto da Cooperativa Raiña Lupa, que pretende revalorizar o rural como xerador de riqueza e traballo, proxectos vivos fronte a outros que degradan a paisaxe e contaminan como son as macro-piscifactorías.

Máis dunha ducia de persoas achegáronse a Quilmas e traballaron nas súas terras. A cambio, aprenderon a plantar espárragos e patacas, gozaron dunha comida de cine con boa compaña e puderon desfrutar da beleza do Monte Pindo para completar esta estupenda experiencia.

E antes de poder contarvos con detalle as impresións de todas as persoas participantes, podedes  ver un resumo da xornada en quepasanacosta.com, da man de Ubaldo, membro de zocamiñoca, residente en Corcubión e grande coñecedor do proxecto: http://quepasanacosta.com/content/view/5347/26

Salvo cambio de última hora, un dos barcos máis representativos de Greenpeace, o Rainbow Warrior chegará a Coruña o luns 25 de maio. O martes día 26 ás 11:30h haberá rolda de prensa no Raibow , e pola tarde haberá sesión de portas abertas de 17:00h -20:00h. En canto se vaia facendo de noite, de 21:30h a 22:00h, vaise facer unha proxección nas velas do barco.

Máis información sobre a viaxe do Rainbow: El Rainbow Warrior llega a España en el 25 aniversario de Greenpeace como “embajador del clima”

Sábado 16 de maio. Xornada Soberanía Alimentaria na Coruña.
  • 10h-13:30h - Charla: Introdución á soberanía alimentaria. Xose María García (Veterinarios sen Fronteiras). CX Abeiro (Rúa Don Bosco, 2).
  • 17h-20h - Exposición itirenante: "Soberanía Alimentaria".
  • 18h-19h - Sesións de títeres para nenos maiores de 3 anos. Xardíns de Méndez Núñez.

Organiza: Foro Microutopías.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel