Sabes como facer compost nun piso? Que produtos comprar para reducir envases? Toni Lodeiro dá respostas prácticas para sacar a súa visión crítica ante o consumo e ser conscientes de que e como compramos.
A través de experiencias e sinxelas propostas Lodeiro mostrou aos lectores como vivir con menos non só é necesario para construír un mundo máis solidario, xusto e sostible, senón que tamén pode ser un xeito de vivir mellor.
Toni Lodeiro é educador ambiental, divulgador e formador en talleres relacionados co consumo consciente, a alimentación saudable e sostible, a autoxestión da saúde ou a educación emocional, entre outras temáticas. Lodeiro é autor do libro "Consumir menos, vivir mellor. Ideas prácticas para un consumo máis consciente".

Que relación directa ten na poboación do Sur, o maior ou menor consumo que leve a cabo no Norte?
É sabido que fai séculos que no Norte vivimos por encima das nosas posibilidades, grazas ao roubo de materias primas e a man de obra escrava na época colonial, hoxe mantidos doutro xeito máis sofisticado a través da débeda externa, as multinacionais...
Ler máis...


 Once colectivos galegos forman unha rede de consumo alternativo ao modelo antinatural e especulativo imperante.
O xoves 27 de novembro pasado, tras seis longos meses de xestación, nacía en Santiago de Compostela a Rede Galega de Consumo Responsábel e Consciente, con once colectivos que agrupan máis de 1.500 asociados e asociadas e que facturan ao longo do ano preto dun millón de euros.

A iniciativa nace nunha contorna xeral no que a progresiva conciencia polas persoas de que o consumo ten fortes consecuencias culturais, sociais, económicas e ambientais, e a posta en cuestionamento dun sistema de produción antinatural e especulativo desenvolvido pola industria desde a segunda metade do século XX, ten provocado por un lado varias loitas en todo o mundo contra algunhas das corporacións que son responsábeis dun modelo consumista e explotador e polo outro, o nacemento de organizacións que propoñen outro modelo de consumo, un consumo consciente e sustentábel.

Ler máis...

 

 

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

galizanonsevende.org

Milleiros de persoas chegadas de toda Galiza convertiron a praza da Quintana nun escenario dende o que se clamou pola vida. A   vida dos nosos mares e da nosa terra. A vida da nosa xente, dos coetáneos e dos vindeiros. Un berro que advirte aos gobernantes que non hai diñeiro suficiente para mercar o mellor patrimonio dos galegos. Que a dignidade non ten prezo. Escribía García Lorca que na Quintana dos mortos bailaba a triste lúa coronada de toxos. Hoxe foi o sol o que alumeou un acto no que se reivindicou a comunión do home co seu entorno.

 

 O pasado ano tivo lugar en Compostela outra manifestación de GNSV que conseguíu reunir a 10.000 persoas. Naquel intre os problemas mais denunciados polos manifestantes foron os que ameazaban convertir o litoral, as rías galega, os lugares protexidos como o Courel, ou mesmo a Terra Chá, en suculentos negocios para multinacionais máis interesadas en esquilmar a riqueza desta terra que evitar o empobrecimento dos galegos. A pesar dese clamor popular en defensa dun hábitat respectuoso co medio ambiente e garante de fonte de riqueza para os galegos, o goberno non modificou un ápice a súa política de beneficiar ás grandes empresas enerxéticas, acuícolas, mineiras e inmobiliarias.

 

Esta actitude desdeñosa dos nosos gobernantes cara ás xustas reivindicacións da sociedade galega propiciou que hoxe esta tivese que tomar de novo as rúas de Compostela para demandar dunha vez  por todas un cambio de rumbo. A resposta dos galegos foi inequívoca e xa non se poden expoñer razóns de interese  xeral para seguir vendendo ao capital o que é dos galegos. Ao final do traxecto, despois de percorrer o admirábel casco histórico de Compostela, nas mesmas escaleiras da praza que simbolizan a liña divisoria entre  a Quintana dos mortos e a dos vivos, foi lido un manifesto consensuado pola totalidade das asociacións convocantes da mobilización. Nel se incidía nas nefastas políticas ambientais que devastan os recursos naturais de Galiza e alimentan unha orde social inxusta e insustentábel.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

 

ANT TV achegouse ás propostas de diferentes cooperativas que apostan por formas de consumo alternativas á dominante: a explotación racional e sustentábel dos recursos e a produción respectuosa co medio e cos traballadores fronte ao consumo sen control e ás cadeas de produción en que os intermediarios levan a maior parte do beneficio.

{youtubejw width="450"}765fIb3d5Vc{/youtubejw}
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel