cartazterractiva2015                                 

Non nos esquezamos que esta fin de semana hai unha visita obrigada á preciosa localidade de Arzúa e a súa Feira Ecolóxica Terractiva. Estarán moitas amigas zocamiñoqueiras como Árbore, Arqueixal, Black Emma, Forno Vegano, SenSucre, Cestola na Cachola, Milhulloa, Tuta Fruta, Bubela Artesá, A Cova dos Ratos, Bico de Grao, Trespés, Adororoda, ...

Consutar o programa en http://www.terractiva.org/

cartazconsenso

Organizado polo Colectivo 4 Espazos o curso relizarase en Vilarcova (Oleiros), a fin de semana do 3 e 4 de outubro. O coste é de 40 € .
O consenso e unha forma de toma de decisións que busca ter en conta e integrar todas as voces e necesidades presentes no grupo. Para aprender a utilizalo imparirá o curso Davide Marco Giachino, un formador italiano especializado nesta técnica.
Está aberto a todas as persoas interesadas. Pode resultar especialmente util para integrantes de colectivos e xente interesada na facilitación e a xestión de grupos.
Podedesvos inscrivir aquí: https://docs.google.com/forms/d/1Xlv0suBW50HG7362PrE86C8ve26gw6CU_QA9-9BNo5Y/viewform?usp=send_form

Para máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Todas as socias estamos de parabéns xa que logo dun percorrido de sete anos de ilusión e traballo onde as persoas que formamos este proxecto somos as máis importantes, a Consellaría de Traballo, a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia, logo da reunión do xurado celebrada o pasado 2 de xuño, acordou concederlle a  Zocamiñoca o PREMIO AOS VALORES COOPERATIVOS 2015.

A entrega do premio, dotado con 5.000 euros, celebrarase o vindeiro 4 de xullo, Día do Cooperativismo, na Cidade da Cultura.

http://www.cooperativas2015.com/ 

cartazfeirareciclaxe

Ins3rtega (Inciativa Social de Reciclaxe Textil)  organiza unha nova feira de reciclaxe o Domingo 20 de Decembro en Betanzos dende as 11h ata as 20h.

Os produtos á venda serán na súa maioría de elaboración artesanal e con materiais reciclados, tamén produtos de segunda man. Búscase dar unha segunda oportunidade a materiais que doutra forma acabarían no lixo. . Tamén contaremos con talleres e/ou actuacións para l@s máis pequeñ@s.

O 10% das taxas dos postos que participen doarase en ALIMENTOS ao Programa de Reforzo de Alimentos do Concello de Betanzos, e haberá un punto de recolleita na feira para tod@s l@s que queirades contribuír.

xornadasmariñas

Dentro do curso de verán "Calidade agroalimentaria e desenvolvemento rural: Un enfoque agroecoloxico"  a xornada  da tarde estará dedicada aos beneficios do consumo agroecológico, con unha mesa de debate sobre o consumo ecolóxico nos centros escolares gratuita e aberta a todas as persoas interesadas.

¿Onde? na  Fundación Juana de Vega. Rúa Salvador Allende. San Pedro de Nós. Oleiros (A Coruña)

 

PROGRAMA:

  • 9:30 h: Evolución de tendencias no mercado dos produtos ecolóxicos en  Galicia nos vindeiros anos. Javier García Lozano, secretario do CRAEGA.
  • 10: 20 h: Consumo responsable e canles curtas de comercialización. Marcial Blanco, Cooperativa de consumo Zocaminhoca e Asociación Lentura. O mercado entre lusco e fusco.
  • 11:30 h: Pausa Café.
  • 12 h: Obradoiro sobre o Plan Alimentario Local da Reserva de Biosfera: Traballo en grupo.
  • 15:15 h. O terruño e os sabores. Gervasio Partida. Centro Regional Universitario Oriente. Universidad Autónoma  Chapingo, México.

Xornadas de libre acceso

  • 16:15 h: Alimentación equilibrada e saudable baseada nas recomendacións da Dieta Atlántica. Ángeles Romero. Fundación Dieta Atlántica. USC.
  • 16:45 Mesa redonda: O consumo ecolóxico nos centros escolares. Modera: Ángeles Romero. Fundación Dieta Atlántica. USC e participan: Beatriz Suárez (ADR Mariñas Betanzos) e Ma Jesús Barral (Directora CEIP Curtis). Iniciativa do menú ecolóxico da Reserva de Biosfera no CEIP de Curtis. Sergio Boado (Representante dos produtores ecolóxicos da Reserva de Biosfera). Carmen Mosquera e Graciela Méndez (Programa alimentación saudable e produción ecolóxica nos comedores escolares no Principado de Asturias). Begoña Alonso (Plan Xermola da Xunta de Galicia)
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel