cartasoberania

Para transformar a economía e o xeito na que producimos e comercializamos alimentos, actuar desde o ámbito local é clave.
Zocamiñoca é unha das entidades que apoia as medidas recollidas nesta carta que son froito da experiencia e a construción colectiva de moitos movementos

 

Defendemos os espazos locais (municipais) como lugares de transformación para, de abaixo arriba, impulsar camiños cara á soberanía alimentaria.
Ante as próximas eleccións municipais presentamos un conxunto de propostas e reflexións sobre como abordar desde o local actuacións encamiñadas a impulsar a soberanía alimentaria, formuladas en diferentes ámbitos nos que se suscitan obxectivos e propostas para conseguilos.
Non hai receitas. O seu espírito é o dun documento que xere, acompañe ou facilite reflexións nas ágoras de cada territorio.

Ler o documento completo... para que das rebeldías xerminen transicións

cartazespazos
A Plataforma Cidadá Proxecto Cárcere ten o imenso prazer de acoller o IV Encontro da Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes que terá lugar os días 17, 18 e 19 de Abril no Instituto Anxel Casal da Coruña.

Co título “Espazos, a importancia do lugar”, diversas iniciativas e espazos culturais da península compartiran experiencias e novas prácticas de crear cultura en diálogo coas comunidades nas que se establecen ofrecendo escollas únicas á marxe do status quo e dos “packs culturais” institucionais.
 
"O motivo polo que imos ata a Coruña é porque ali existe un grupo consolidado de persoas, Proxecto Cárcere, que están a defender unha proposta cultural para a reutilización do cárcere en pior estado cada día."
                                                                     (extracto da web da Red Transibérica)

Encontro organizado pola Red Transibérica (Proxecto Carcere, Espacio Tangente, Nau Ivanow, El Hacedor y Zawp).

Para mais información, programa e para facer a inscripción online visita a web da Red Transibérica AQUI
ou envía email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." target="_blank"> Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

FEIRAUDC

10 de decembro celébrase a V Feira da Sustentabilidade na UDC. Aproveitaremos a entrada do Nadal para achegar á Universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente e alternativo. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo de artesanía. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros, facer o noso caderno a partir de papel reutilizado e participar nunha mesa redonda sobre consumo responsable, coñeceremos diferentes experiencias sobre alimentación, roupa…

Abriremos un mercadiño de troco, onde podes traer a túa roupa ou complementos que xa non pos ou que quedou pequena e trocala por outra que che guste mais, deste xeito dámoslle unha segunda vida a roupa.

Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da universidade de A Coruña no campus de Elviña, nun horario de 11h a 19h

redesementesbetanzos

O Sábado 21 de Febreiro no MATADOIRO (Rúa José García Acuña / Rúa Marina)  de BETANZOS

Trae as túas sementes para trocar!

PROGRAMA DA XORNADA

10.00h Apertura da feira mesa de troco

12.00h Obradoiro de ” Extracción de sementes e variedades locais”

14.30h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!

17.00h  Charla- Debate ” Eucaliptización e perda do terreo agrario”

18.30h Charla- Debate ” Trasvase Meirama- Cecebre”

19.30h Peche da mesa de troco

e ó longo do día..,
Foliada popular  ” Os do Xalo”  , feira de produtoras en ecolóxico e artesáns e obradoiros para nenas e nenos
 
NOTA: A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.30 a 16.30h
** O día anterior, venres 20, as 17 horas, no CSO Vista Alegre haberá unha charla e proxección sobre “Transxénicos e Lei de Sementes”

Feira Reciclaxe Betanzos

Ins3rtega (Inciativa Social de Reciclaxe Textil)  organiza unha nova feira de reciclaxe o Domingo 7 de Decembro en Betanzos.

Os produtos á venda serán na súa maioría de elaboración artesanal e con materiais reciclados, tamén produtos de segunda man. Búscase dar unha segunda oportunidade a materiais que doutra forma acabarían no lixo. . Tamén contaremos con talleres e/ou actuacións para l@s máis pequeñ@s.

O 10% das taxas dos postos que participen doarase en ALIMENTOS ao Programa de Reforzo de Alimentos do Concello de Betanzos, e haberá un punto de recolleita na feira para tod@s l@s que queirades contribuír.

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel