Feira Reciclaxe Betanzos

Ins3rtega (Inciativa Social de Reciclaxe Textil)  organiza unha nova feira de reciclaxe o Domingo 7 de Decembro en Betanzos.

Os produtos á venda serán na súa maioría de elaboración artesanal e con materiais reciclados, tamén produtos de segunda man. Búscase dar unha segunda oportunidade a materiais que doutra forma acabarían no lixo. . Tamén contaremos con talleres e/ou actuacións para l@s máis pequeñ@s.

O 10% das taxas dos postos que participen doarase en ALIMENTOS ao Programa de Reforzo de Alimentos do Concello de Betanzos, e haberá un punto de recolleita na feira para tod@s l@s que queirades contribuír.

4aniversarioPc

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dentro das actividades para a celebración do cuarto aniversario de Proxecto Cárcere, o próximo xoves 20 de novembro, xutarémonos na parte posterior da Antiga Prisión Provincial da Torre, para realizarmos un mural colaborativo no cal poder retratar a realidade da antiga cárcere. Estades todos convidados a participar dende ás 6 da tarde na realización dese mural.

O próximo venres 21 celebraremos o 4º aniversario de Proxecto Cárcere no Linda Rama.

Queremos poder compartir con toda a xente que formou parte de Proxecto Cárcere durante estes 4 anos, unha festa de aniversario con pasteis de chocolate.

Terractiva 2014

A vindeira fin de semana, días 15 e 16 de novembro, celébrase no recinto feiral de Arzúa unha nova edición da Feira ecolóxica máis importante de Galiza, Terractiva.  Podese consultar o programa pinchando no seguinte enlace: http://www.terractiva.org/programa/

*Todas as actividades son de acceso libre e de balde, agás a cata de viños na que se especifica un prezo simbólico por participante.

xornadas nov14

Pensando montar a miña empresiña no marco da Economía Social? Non te perdas estas xornadas de ideas e prácticas en funcionamento. 

Centro Social dos Mallos, Avda. Arteixo 147, A Coruña. Entrada libre.

Mércores 19 de novembro

16:00h - Presentación das Xornadas.
16:30h - A Feira: Iniciativa colectiva de Economía social na Coruña.
17:00h - O Comercio Xusto dentro da economía social (Alberto Abad, Oxfam Intermón).
18:00h - Pausa.
18.30h - Mesa Redonda. Diáspora e Economía Social: Unha mirada transnacional.

  • As federacións como modelo de apoio e traballo en rede para ás iniciativas de economía social. Diana Ximena Tutistar, Secretaria Técnica de FEDACOD en Valencia.
  • Iniciativas produtivas en países de destino: Empresas de Inserción socio-laboral “Cátering social Por ti Mujer” e  Proxectos de Emprendemento Produtivo. Lucy Polo Castillo Presidenta de FEDACOD en Valencia.
  • Experiencias produtivas de Codesenvolvemento en países de orixe: Senegal e Marruecos. Nabil Mesli: Responsable de Cooperación al Desarrollo y Codesarrollo da Fundación CEPAIM.

Xoves 20 de novembro

16:00h - Experiencias prácticas e cercanas de empresas dentro da Economía Social. Dificultades atopadas na posta en marcha. Formato World café.

17:45h - Pausa.
18:15h - Pensando o meu futuro dentro da economía social. Tipos de empresas e lexislación que compete. Resolución de problemas legais. Gonzalo Gesto, avogado e membro da Cooperativa Panxea (Compostela).
19:00h - La Re-Vuelta al campo. Gustavo Duch. Escritor.

O Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) é un acordo comercial entre a Unión Europea e Estados Unidos que pretende equiparar as normativas a ambos os dous lados do océano.

¿Que implica?

Unha rebaixa aínda maior de dereitos e máis privatizaciones para a cidadanía europea. Queren eliminar as barreiras ao comercio para crear un gran mercado que beneficie ás grandes empresas. Pero estas barreiras regulan e protexen os nosos dereitos sociais e ambientais.

¿Como se está negociando?

En completo segredo. Desde xuño de 2013, a Comisión Europea, o Goberno estadounidense e os grandes lobbies empresariais reúnense ás costas da sociedade para negociar as condicións do tratado.

¿Como che vai a afectar?

  • Aumentarán os recortes en dereitos laborais. En EEUU os convenios da Organización Internacional do Traballo nin sequera están recoñecidos.
  • A privatización dos servizos públicos irá a máis e contará con muchísimas máis facilidades: sanidade, educación, auga .
  • As grandes empresas contarán con máis privilexios. Si nalgún momento operan na UE e consideran que a súa rentabilidad non era a esperada, terán a capacidade de demandar aos Estados esixindo indemnizacións millonarias, por suposto, procederán de diñeiro público.
  • Alimentos, medicamentos e outros produtos non se someterán aos controis actuais. Comeremos alimentos con transgénicos, hormonas, cloro e un longo etcétera sen sabelo.
  • O fracking terá vía libre. Esta técnica para extraer gas, tan daniña para a saúde e o medio ambiente, se implantará con gran facilidade. Ademais importaremos este gas desde EEUU, o que poñerá en risco os obxectivos da UE para frear o cambio climático.

¿Podemos paralo?

Si, témolo moi claro. Temos tempo, pero necesitamos mobilizarnos.
Sobran os argumentos para dicir NON ao TTIP. Dependemos do noso medio ambiente, do aire limpo que respiramos, da biodiversidade que nos alimenta e depura nosa auga. Non podemos alimentarnos de petróleo, de augas contaminadas, nin de CO2. Tampouco do diñeiro que amasan as grandes empresas que en ambos continentes están presionando para que os gobernos destrúan os medios de vida dos cidadáns. DI NON AO TTIP

Fonte do artigo : http://ttipsecret.wordpress.com

Máis información : http://noalttip.blogspot.com.es

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel