AS ARQUITECTURAS NAS QUE VIVEN O OUTRO 90%

PROCESOS HABITADOS. AS ARQUITECTURAS NAS QUE VIVEN O OUTRO 90%

Dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento, levado a cabo por Arquitectos Sen Fronteiras e a Universidade da Coruña, se realizará dentro da oferta de cursos de verán da UDC, un pequeno obradoiro no que levar a práctica todos os contidos traballados no curso en liña e no seminario desenvolvidos.

8, 9, 10, 11 y 12 de setembro, de 16 a 20 horas
Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña

Ler máis...

Nostian Solución

O próximo mércores 25 de xuño, ás 20h na Casa Tomada (Estación de FFCC): Análise da xestión dos residuos na Coruña e presentación do manifesto "Nostián Solución".

Manolo Soto, profesor da Universidade da Coruña e especialista na xestión dos residuos, analizará a situación actual da xestión dos residuos na comarca da Coruña, prestando atención ao funcionamento de Nostián: ao como está funcionando e ao como debería de funcionar, tendo en conta outros modelos do pais ou doutros puntos da península.

Ademáis presentaráse un manifesto no que varios colectivos da comarca da Coruña, piden ao Concello da Coruña, ao consorcio e aos demáis concellos da Coruña, que fagan os axustes necesarios en Nostián para que siga a ser un modelo válido, no que se acade unha boa tasa de recuperación dos residuos.

Zocamiñoca apoia e forma parte da Plataforma que impulsa este proceso social. Animádevos a coñecelo!

 

fescorunha2014

Nun mes no que se celebra o Día do Comercio Xusto, as organizacións solidarias de Galicia volven xuntarse na Coruña, por terceiro ano consecutivo, con todas aquelas entidades ou persoas que se adican á economía social para lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real e próxima, aquí e agora, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e traballadoras e tamén a calidade da nosa propia vida.

Ler máis...

Cartaz seminario Habitat

Terceira sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana, de Xestión Social do Hábitat, será o próximo luns día 2 de xuño ás 16:30 da tarde no Salón de actos da Escola de Arquitectura (Zapateira)

As conferencias serán de:

  • Sostre Civic (Raul Robert): “Novas formas de habitar. Cooperativas de Modelo de Cesión de Uso (MCU). A vivenda como ferramenta de transformación social”
  • Hiria kolektiboa (Ohiane Ruíz + Koldo Tellería):“Marco para un planeamento inclusivo; urbanismo no local”

Tamén o podedes ver o streaming.

copa menstrual nun centro comercial

Pola súa relevancia, facemos eco da información enviada desde a "Red Copa de Luna":

Tralas ofertas dalgunhas marcas de copas menstruais por canles de gran difusión como Groupon, agora Carrefour convírtese -que saibamos- na 1ª grande superficie comercial que incorpora este artigo. Trátase dunha copa tintada, sen marca, "made in China" e cun PVP de 9€. Adxuntamos unha foto que se tomou e nos fixeron chegar este venres pasado.

Ler máis...
zocarede

Rede Galega de consumo responsábel