cestola da cachola

CESTOLA na CACHOLA é unha cooperativa de traballo asociado e sen ánimo de lucro; un proxecto de autoemprego baixo o principio dunha economía ao servicio das persoas e non ao revés. As persoas que forman parte deste proxecto traballan no eido da economía social e solidaria: cooperativismo, consumo responsable , ecoloxismo e banca ética.

Na sua tenda virtual podemos encontrar dende contos, laminas e postais, moda ética e incluso murais por encargo : http://www.cestolanacachola.org/a-nosa-tenda/

Outros servizos que ofrecen no eido da economía, a arte e a ecoloxía son Formación (charlas e obradoiros, elaboración de unidades didácticas, estudios temáticos), Deseño (catálogos e carteis de promoción, logotipos e material corporativo), Exposicións (presentacións públicas de traballos) e Proxectos de educación para o desenvolvemento (sensibilización ambiental, consumo consciente e cooperación internacional).

Máis información: http://www.cestolanacachola.org

xornadas patrimonio

O día 5 de abril, no salón Azul de Betanzos, a partir das 10h da mañá, teremos a oportunidade de coñecer o labor das asociación implicadas na defensa e divulgación do noso rico patrimonio, así como o seu papel na dinamización das comunidades locais. As 6.30 da tarde, comenzará unha mesa redonda coa presenza de investigadores, profesores, persoas de recoñecido prestixio que nos ofrecerán a súas imprescindibles reflexións sobre as distintas estratexias de actuación no territorio.

O día 6 de Abril terá lugar un roteiro polo castro das Travesas e Monte da Estrela.

É necesaria a inscripción para ambas xornadas no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Máis información: http://roxinroxal.blogaliza.org/

Corunha Baleira

A Plataforma cidadá Proxecto Cárcere abre a convocatoria fotográfica "Coruña Baleira" ata o 13 de Maio para visibilizar os espazos, que como o antigo cárcere da Torre, están en desuso na nosa cidade. As imaxes recibidas serán expostas no blog e redes sociais de Proxecto Cárcere e unha vez remate a convocatoria serán utilizadas en accións reivindicativas organizadas pola Plataforma.

Para mais información visitar a sección "Coruña Baleira" no blog de Proxecto Cárcere (http://proxectocarcere.blogaliza.org/coruna-baleira/) ou contactarnos no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

A asociación ecoloxista Amigos da Terra ven de poñer en marcha a campaña Alimentos Quilométricos coa que pretende dar a coñecer os impactos asociados ao consumo de produtos alimentarios que proveñen de zonas afastadas do seu destino de consumo.
A iniciativa inclúe unha web na que se poden calcular as emisións de C02 da nosa cesta da compra, en función dos quilómetros que percorreu dende o lugar de produción ata a nosa mesa.

O obxectivo da campaña é fomentar unha toma de consciencia sobre a problemática alimentaria, e promover alternativas de consumo que reduzan os custos ambientais, sociais, e tamén financeiros da nosa alimentación. "Consumir produtos locais e de calidade é posible, é factible e sobre todo é saudable para ti e para o teu entorno"

 

Herbas medicinais

O vindeiro domingo 9 de marzo a partir das 10:30 no local social de Santa Margarida en Montemaior (A Laracha).

Constará dunha charla arredor das herbas medicinais a cargo do enxeñeiro forestal David Allo e a fitoterapeuta Maite Prego. Ao rematar a charla, terá lugar unha ruta interpretativa de recoñecemento de herbas medicinais.
Cada persoa levará o avituallamento que precise para pasar o día (bocadillo, bebida...)
A inscrición é gratuíta a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , mensaxe de facebook e nos teléfonos 627275677/ 696155232. Tamén vos podedes inscribir no horto ecolóxico do Concello de Carballo (rúa Nardos), que estamos dinamizando desde a asociación Senda Nova. Alí podédesnos atopar mércores, xoves e venres de 16:00 a 19:00 horas. Tamén estamos alí o sábado pola mañá (10:00 a 13:30), sempre e cando non nos teñamos que trasladar aos muros do casco urbano carballés, nos que estamos a desenvolver o proxecto Pintamos Moito. Máis información sobre as actividades da asociación ambiental Senda Nova en http://www.sendanova.org/

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel